venres, 29 de xaneiro de 2021

As Pombas da PAZ

HOXE FOI  DIA DE VISITAS NA CLASE DE 4 ANOS.

ESTABAMOS A FACER UNHA POMBA DA PAZ CANDO PETARON NA PORTA DA AULA.



ERAN DELIA E A PROFE MARINA.

VIÑERON DE VISITA PARA ENSINARNOS O BEN QUE LLE QUEDARA O SEU DISFRACE DE CHINESA.
QUEDÓULLE  FANTÁSTICO!!
AGORA  XA SABEMOS O BEN QUE VAI QUEDAR.
😀😀😀😀😀😀
CANDO REMATAMOS AS NOSAS POMBAS, CONTAMOS O QUE APRENDEMOS SOBRE LIU XIAOBO MENTRAS A PROFE NOS GRAVABA PARA COMPARTILO CON TODO O COLEXIO.

COMO LIU XIAOBO ERA DA CHINA, PUXEMOS UNS GORROS CHINESES QUE TIÑAMOS NA CLASE.
🈗🉐🈘🈵🈗🈴🈘🈲🈗🈚🈘🉑🈗
DESPOIS DO RECREO CHEGOU O PROFE SERGIO PARA GRAVARNOS CANTANDO E BAILANDO A CANCIÓN:
" TUTIRA  MAI  NGA  IWI "
É UNHA CANCIÓN DE ORIXE MAORÍ, DE NOVA ZELANDIA QUE FALA DA AMIZADE E DA PAZ.
AO REMATAR, MARCHAMOS A CASA
 COAS NOSAS POMBAS VOANDO
 E COS LIBROS QUE VEÑEN E VAN ÁS COSTAS.



  

 
AQUÍ TEDES O ENLACE PARA CANTALA NA CASA CANTAS VECES  QUEIRADES.
BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODOS TODAS VÓS
💙💓💚💕💜💖💛 💗

Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...