Esta semana aproximámonos ao traballo da realidade aumentada 4D a través dunha aplicación coa que os nosos debuxos ao escanealos cobraban vida coma por arte de maxia...
Non dabamos crédito...
😱😱😱😱😱😱😱😱😱😱
Encantounos!!
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
Esta semana aproximámonos ao traballo da realidade aumentada 4D a través dunha aplicación coa que os nosos debuxos ao escanealos cobraban vida coma por arte de maxia...
Non dabamos crédito...
😱😱😱😱😱😱😱😱😱😱
Encantounos!!
Hoxe no cole recordamos a esta gran poetisa e lemos algún dos seus poemas... e ata escribimos palabras coas letras do seu nome...
Logo fixemos un puzzle co seu retrato ao estilo POPArt...
GUSTAVOS??
A SEMANA PASADA OS PEQUES DE 3 ANOS ESTIVEMOS INVESTIGANDO SOBRE AS CASIÑAS CHINAS:
AS PAGODAS
PRIMEIRO FIXEMOS AS NOSAS PROPIAS TEORÍAS DE COMO SERÍAN AS CASAS EN CHINA, ANALIZAMOS O NOME DE "PAGODAS" RECOÑECENDO AS LETRAS DOS NOSOS NOMES, E FINALMENTE BUSCAMOS IMAXES NO ORDENADOR PARA VER SE AS NOSAS IDEAS ÍAN BEN ENCAMIÑADAS.
ENCANTÁRONNOS! ALGÚNS DICÍAN QUE LLES GUSTARÍA VIVIR NUNHA CASIÑA ASÍ!
TRAS OBSERVAR VARIAS IMAXES, CHEGAMOS Á CONCLUSIÓN DE QUE "AOS CHINOS LLES ENCANTA A COR VERMELLA".
DESPOIS PUXÉMONOS MANS Á OBRA E ORDEAMOS AS PEZAS DUN PUZZLE PARA FACER A NOSA PAGODA. UNHA VEZ MONTADA, DECORÁMOLA CON ROTUS DE MOITAS CORES.
BOTADE UNHA OLLADA, MIRADE QUE ARTISTAS!
Aquí os tedes no recanto das letras formando o nome de distintas froitas con letras de estampar.
Non hai mellor xeito de achegarse á lectoescritura que de forma lúdica
Investigando sobre China aprendemos que a floración das cerdeiras supón a chegada da primavera e que é todo un espectáculo que non nos podiamos perder...
Mírade que chulada!!
Así que non quixemos perder a oportunidade de facer as nosas cerdeiras con papel de seda...
Gústanvos??
Hoxe no cole celebramos o cumple de Jacobo que xa ten 6 aniños!!
Ai que ver como pasa o tempo!!
E QUÉ IMPORTANTE É ISO DE APRENDER XOGANDO!!
A TRAVÉS DO XOGO FAVORÉCESE EN GRAN MEDIDA O DESENVOLVEMENTO INTEGRAL DO NOSO ALUMNADO. EXPERIMENTAN, MANIPULAN, CREAN, RELACIÓNANSE COS IGUAIS, DESENVOLVEN A SÚA CREATIVIDADE, ... E O MÁIS IMPORTANTE, DISFRUTAN!
NA NOSA AULA NON FALTAN OS MOMENTOS DE XOGO!!
VELAQUÍ UNHA MOSTRA DALGÚNS DELES!
* APRENDEMOS A RECTA NUMÉRICA XOGANDO COS NÚMEROS
OLA FAMILIAS!!
A PASADA SEMANA CELEBRAMOS UNHA DAS NOSAS FESTAS FAVORITAS:
O ENTROIDO
🎈🎈🎈
TRABALLAMOS MOITO PARA ELABORAR OS NOSOS DISFRACES!