mércores, 17 de febreiro de 2021

APRENDEMOS XOGANDO

 E QUÉ IMPORTANTE É ISO DE APRENDER XOGANDO!!

A TRAVÉS DO XOGO FAVORÉCESE EN GRAN MEDIDA O DESENVOLVEMENTO INTEGRAL DO NOSO ALUMNADO. EXPERIMENTAN, MANIPULAN, CREAN, RELACIÓNANSE COS IGUAIS, DESENVOLVEN A SÚA CREATIVIDADE, ... E O MÁIS IMPORTANTE, DISFRUTAN

NA NOSA AULA NON FALTAN OS MOMENTOS DE XOGO!! 

VELAQUÍ UNHA MOSTRA DALGÚNS DELES!

* APRENDEMOS A RECTA NUMÉRICA XOGANDO COS NÚMEROS




*RECOÑECEMOS AS FORMAS XEOMÉTRICAS E EXPERIMENTAMOS CON ELAS





DISFRUTAMOS MOITÍSIMO COA PINTURA E MANCHÁNDONOS!!


TRABALLAMOS A PSICOMOTRICIDADE FINA, CONTAMOS, CLASIFICAMOS, ORDEAMOS, EXPLORAMOS,
RECOÑECEMOS AS LETRAS, CONSTRUÍMOS...
E APRENDEMOS EN EQUIPO, AXUDÁNDONOS SEMPRE💙







TAMÉN SE NOS DA MOI BEN RECOLLER!! 
A ÚNICA REGRA É QUE NON PODEMOS CAMBIAR DE XOGO SEN DEIXAR BEN RECOLLIDIÑO E NO SEU SITIO O XOGO ANTERIOR.
 DISFRUTAMOS MOITO DEIXANDO A NOSA CLASE BEN ORDEADIÑA!


E DESPOIS DE TANTO XOGAR, TAMÉN NOS SABEMOS RELAXAR!!
ESCOITAMOS MÚSICA CLÁSICA, E ÚLTIMAMENTE GÚSTANOS MOITO FACERNOS MASAXES E COSQUILLIÑAS COAS PLUMAS DA GALIÑA CATUXIÑA.


E ATA AQUÍ UN POUQUIÑO DO NOSO DÍA A DÍA!!
UNHA APERTA XIGANTE PARA TODAS E TODOS!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...