mércores, 10 de marzo de 2021

E SEGUIMOS CON CHINA...

NA CLASE DE 3 ANOS SEGUIMOS ESTUDANDO MOITÍSIMO SOBRE CHINA!!

MIRADE CANTAS ARTISTADAS FIXEMOS!!

DESCUBRIMOS OS BONSAIS E QUEDAMOS FASCINADOS DE QUE HOUBESE UNHA ÁRBORE TAN PEQUENA QUE PRECISASE TANTOS COIDADOS! GRACIÑAS COMPAÑEIRA MARA POR DEIXARNOLA UN RATIÑO!!

DESPOIS DE OBSERVALA ATENTAMENTE, QUIXEMOS DECORAR AS SÚAS FOLLIÑAS COS NOSOS DEDOS,

E COMO NOS GUSTAN MOITO AS LETRAS ESTAMPAMOS O SEU NOME CON SELOS. 




XA FALTA POUQUIÑO PARA A CHEGADA DA PRIMAVERA!

DESCUBRIMOS QUE EN CHINA FLORECEN FERMOSAS CERDEIRAS.

DECORAMOS AS NOSAS ESTAMPANDO AS SÚAS FLORES CON BASTONCIÑOS!




SARA TRÓUXONOS UNHA GALLETA DA FORTUNA!!

ANALIZÁMOLA ATENTAMENTE E DESCUBRIMOS QUE NON SE TRATABA DUNHA GALLETA CALQUERA, SENÓN QUE LEVABA DENTRO UNHA MENSAXE!! ADEMÁIS PROBAMOS UN ANACO E PARECEUNOS QUE ESTABA RIQUÍSIMA!


 MEI-LI FALOUNOS DUNHA CIDADE CHINA CHAMADA SHANGAI. ALÍ NON VIMOS PAGODAS, SENÓN QUE NOS CHAMARON A ATENCIÓN A CANTIDADE DE EDIFICIOS ALTÍSIMOS QUE TEN!

 ADEMÁIS VISUALIZAMOS IMAXES DA CIDADE POLA NOITE, QUE CORES TAN FERMOSAS!

 E INSPIRADOS POLOS NOSOS COMPIS DE 5 ANOS RECREAMOS A CIDADE! ENCÁNTANOS FACER TRABALLIÑOS "COMO OS MAIORES".

MIRADE QUE TRABALLADORES SOMOS E QUE BEN NOS QUEDARON!







E ATA AQUÍ POR HOXE!!
UNHA APERTA XIGANTE!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...