NA CLASE DE 5 ANOS FOI
CHEGAR A NOTICIA DA ERUPCIÓN NA ILLA DA PALMA E XA NON HOUBO VOLTA ATRÁS...
TIÑAMOS QUE FACER UN VOLCÁN NA CLASE.
PESCUDAMOS INFORMACIÓN SOBRE OS VOLCÁNS, MIRAMOS VÍDEOS, FOMOS Á BIBLIOTECA A BUSCAR LIBROS, TROUXEMOS PEDRAS DA CASA, BICARBONATO,...
COMEZAMOS
FACENDO BOLAS DE PERIÓDICO PARA O CONO DO VOLCÁN PARA POÑER AO REDOR DUN VASO
DE PLÁSTICO.
PEGÁMOSLLE PAPEIS POR RIBA CON MOITÍSIMA COLA BRANCA PARA FORNECELO.
FIXEMOS BOLIÑAS PEQUERRECHIÑAS DE PLASTILINA PARA “PINTAR” DE COR VERDE E AZUL O PÉ DO VOLCÁN.
HAI QUE PREMER MOI FORTE COS DEDOS E ESTIRAR CON FORZA, QUEDARON QUENTIÑOS DE TANTO PREMER.
INVITAMOS ÁS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS INFANTIL A VIR CON NÓS A VER A ERUPCIÓN DO VOLCÁN NO PATIO.
NAMENTRES ESPERABAMOS QUE ESCAMPARA DEBUXAMOS UNHA MOREA DE VOLCÁNS
VAI ARTISTAS!!
POR
FIN PUIDEMOS“ERUPCIONAR” O VOLCÁN QUE FIXEMOS E CO QUE ENREDAMOS TANTO
TEMPO.
PASÁMOLO XENIAL!!!
BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODOS E TODAS VÓS
💙💓💚💕💜💖💛 💗