sábado, 9 de outubro de 2021

A voltas co volcán

NA CLASE DE 5 ANOS FOI CHEGAR A NOTICIA DA ERUPCIÓN NA ILLA DA PALMA E XA NON HOUBO VOLTA ATRÁS...

 TIÑAMOS QUE FACER UN VOLCÁN NA CLASE.

PESCUDAMOS INFORMACIÓN SOBRE OS VOLCÁNS, MIRAMOS  VÍDEOS, FOMOS Á BIBLIOTECA A BUSCAR LIBROS, TROUXEMOS PEDRAS DA CASA, BICARBONATO,...

COMEZAMOS FACENDO BOLAS DE PERIÓDICO PARA O CONO DO VOLCÁN PARA POÑER AO REDOR DUN VASO DE PLÁSTICO.

PEGÁMOSLLE PAPEIS POR RIBA CON MOITÍSIMA COLA BRANCA PARA FORNECELO.

FIXEMOS BOLIÑAS PEQUERRECHIÑAS DE PLASTILINA PARA “PINTAR” DE COR VERDE E AZUL O PÉ DO VOLCÁN.
 HAI QUE PREMER MOI FORTE COS DEDOS E ESTIRAR CON FORZA, QUEDARON QUENTIÑOS DE TANTO PREMER.

INVITAMOS ÁS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS INFANTIL A VIR CON NÓS A VER A ERUPCIÓN DO VOLCÁN NO PATIO.

NAMENTRES ESPERABAMOS QUE ESCAMPARA DEBUXAMOS UNHA MOREA DE VOLCÁNS

VAI ARTISTAS!!


POR FIN PUIDEMOS“ERUPCIONAR” O VOLCÁN QUE FIXEMOS E CO QUE ENREDAMOS TANTO TEMPO.

PASÁMOLO XENIAL!!!
BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODOS TODAS VÓS
💙💓💚💕💜💖💛 💗


Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...