sábado, 4 de decembro de 2021

AS ACELGAS VERMELLAS

NO COLEXIO DE PONTE SAMPAIO TEMOS UNS BANCAIS ELEVADOS CON TERRA PARA TRABALLAR A HORTA ESCOLAR.

 
O ALUMNADO DE PRIMARIA ESTÁ APRENDENDO E COIDANDO ESTA HORTA.

NO COLEXIO, COLABORAMOS  ENTRE OS CICLOS E COMPARTIMOS MOITAS ACTIVIDADES QUE PODEMOS FACER CON SEGURIDADE.

ESTE XOVES TIVEMOS UNHA FANTÁSTICA SORPRESA.

 VIÑERON PARA INVITARNOS A    TRANSPLANTAR CON ELAS UNHAS ALUMNAS DA CLASE DE NOA, A IRMÁ DE HUGOLUCÍA E HANNA, DÚAS DAS SÚAS COMPAÑEIRAS E COMPARTIR CON NÓS O QUE APRENDERAN.

CUNHA RAPIDEZ SORPRENDENTE, DEIXAMOS RECOLLIDAS AS CADEIRAS, AXUSTAMOS AS MÁSCARAS, BOTAMOS O XEL E ESTABAMOS PREPARADOS PARA SEGUILAS A FÓRA.


SEGUIMOS AS SÚAS EXPLICACIÓNS CON BASTANTE ATENCIÓN. ALGUNHA DAS COUSAS QUE NOS DIXERON AÍNDA AS LEMBRABAMOS DO CURSO PASADO.

TRANSPLANTAMOS UNHAS ACELGAS VERMELLAS.

SEGUIMOS AS INDICACIÓNS QUE NOS DERON PARA RAREAR A TERRA, ABONALA, PREPARAR OS BURATOS COA SEPARACIÓN DE TRES DAS NOSAS MANS E FINALMENTE PLANTALAS.



NON ESQUECEMOS BOTARLLE UNHA POUCA AUGA.

AGORA, CADA VEZ QUE VAIAMOS VER MEDRAR AS ACELGAS, LEMBRAREMOS A ESTAS TRES FANTÁSTICAS MESTRAS POLO BEN QUE O FIXERON E O QUE NOS APRENDERON.

BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODAS TODOS VÓS

💙💓💚💕💜💖💛 💗

Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...