Hoxe no cole celebramos a festa dos Maios. Todo o alumnado, maiores e cativos, colaboramos na súa elaboración.
Aos de infantil tocounos facer cadenetas de margaridas amarelas, pasámolo pipa...
Botade unha ollada!! 👀👀👀👀👀
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
Hoxe no cole celebramos a festa dos Maios. Todo o alumnado, maiores e cativos, colaboramos na súa elaboración.
Aos de infantil tocounos facer cadenetas de margaridas amarelas, pasámolo pipa...
Botade unha ollada!! 👀👀👀👀👀
Coincidindo que o sábado 23 de abril foi o Día do libro. Dende o equipo de dinamización da biblioteca do centro púxose en marcha a iniciativa de convidar ás familias a vir a contarnos un conto porque neste cole AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN.
A nai de Carme, como non podía vir á aula, quixo compartir connosco un vídeo no que ela e a súa filla Carme nos contan o conto do monstro de cores.
Moitísimas grazas pola vosa colaboración.ENCANTOUNOS!! 😍
SE ALGUÉN MÁIS SE ANIMA QUE FALE COA MESTRA MARINA.
😉😉😉😉😉
Durante este terceiro trimestre do curso, imos levar a cabo un proxecto sobre os vermes da seda ...
🐛🐛🐛🐛🐛🐛
Á VOLTA DAS VACACIÓNS ESTABAN ENORMES...
ENCÁNTANOS OBSERVALOS E PARTICIPAR NO SEU COIDADO E LIMPEZA!!
E SEGUEN MEDRANDO...
A VER SE É CERTO QUE SE CONVERTEN EN BOLBORETAS!!
🦋🦋🦋🦋🦋🦋🦋🦋🦋
OBSERVAMOS COAS LUPAS VERMES NAS DIFERENTES FASES PARA COMPARAR O SEU TAMAÑO E INVESTIGAR SOBRE AS PARTES DO SEU CORPO...
AO LONGO DESTE TRIMESTRE, NA CLASE DE 4 ANOS ESTIVEMOS INVESTIGANDO E APRENDENDO UN MONTÓN DE COUSAS SOBRE "AS NOSAS MASCOTAS"
(TAMÉN INCLUÍMOS OS CABALOS, VACAS, GALIÑAS, COELLOS E PORCOS, XA QUE AO FINAL SON ANIMALES DA CASA).
PERO ADEMÁIS DISTO, LEVAMOS AO CABO AO LONGO DO MESMO DIFERENTES ACTIVIDADES MANIPULATIVAS NAS QUE EXPERIMENTAMOS CON DIFERENTES MATERIAIS E QUE FAVORECEN EN GRAN MEDIDA O DESENVOLVEMENTO DOS NENOS E NENAS. SEN NINGUNHA DÚBIDA, SON AS ACTIVIDADES QUE MÁIS DISFRUTAMOS NO NOSO DÍA A DÍA!
VELAQUÍ UNHA PEQUENA RECOMPILACIÓN "DO QUE NON SE VE".
O TEMPO VOA!!!!
FELICES VACACIÓNS A TODAS E TODOS!!! BICOS XIGANTES!!
💜💛💚💙
APROVEITANDO QUE ESTE TRIMESTRE ESTAMOS INVESTIGANDO OS PEIXES, ATOPAMOS UNHA OBRA DE JOAN MIRÓ QUE SE TITULA O PEIXE CANTANDO.
PRIMEIRO PRESENTAMOS A OBRA E A OBSERVAMOS
COMEZAMOS O MES DE ABRIL CON MOITAS GAÑAS E CUNHA SAÍDA DE TODO O ALUMNADO DE INFANTIL AO ACUARIO DO GROVE.
🐟🐠🐡🐟🐠🐡🐟🐠🐡🐟🐠🐡🐟
VIAXAMOS EN AUTOBÚS, NA PORTA DE ENTRADA HABÍA UN TIBURÓN COA BOCA ABERTA.
MIRAMOS PEIXES DE TODOS OS TAMAÑOS E COMPROBAMOS MOITAS DAS COUSAS QUE SABIAMOS.
TOCAMOS UNS OURIZOS CON COIDADO PARA NON PICARNOS
HABÍA MOREAS DE
ESTRELAS DE MAR E PUIDEMOS TOCAR UNHA.
VIMOS UN PEPINO DE MAR, PEIXES PAIASOS COMO NEMO,
ANÉMONAS, PEIXES COMO DORY, CONGROS,...E TAMÉN HABÍA UN PEIXE GLOBO QUE RECOÑECEU LEO
SEN ESTAR INCHADO!!
ENTRAMOS DENTRO DUNHA BURBULLA DE CRISTAL
SEMELLABA ESTAR DENTRO DA AUGA
CON QUENLLAS, RAIAS, MEROS
E MOOOOITOS OUTROS PEIXES.
ACABAMOS BALDADOS E MERENDAMOS DENTRO DO ACUARIO, PERO NO
PARQUE PARA PODER XOGAR DESPOIS.
PASÁMOLO BÁRBARO!
Á VOLTA NO BUS HOUBO QUEN QUEDOU A DURMIR.
💤💤💤💤💤💤💤💤💤
DÉRONNOS UNHA INVITACIÓN PARA PODER IR OUTRA VEZ COA
FAMILIA
💙💓💚💕💜💖💛 💗