COMEZAMOS O MES DE ABRIL CON MOITAS GAÑAS E CUNHA SAÍDA DE TODO O ALUMNADO DE INFANTIL AO ACUARIO DO GROVE.
🐟🐠🐡🐟🐠🐡🐟🐠🐡🐟🐠🐡🐟
VIAXAMOS EN AUTOBÚS, NA PORTA DE ENTRADA HABÍA UN TIBURÓN COA BOCA ABERTA.
MIRAMOS PEIXES DE TODOS OS TAMAÑOS E COMPROBAMOS MOITAS DAS COUSAS QUE SABIAMOS.
TOCAMOS UNS OURIZOS CON COIDADO PARA NON PICARNOS
HABÍA MOREAS DE
ESTRELAS DE MAR E PUIDEMOS TOCAR UNHA.
VIMOS UN PEPINO DE MAR, PEIXES PAIASOS COMO NEMO,
ANÉMONAS, PEIXES COMO DORY, CONGROS,...HABÍA PEIXIÑOS BEBÉS, AUGAMARES, MORENAS, CONGROS, CENTOLAS,...
E TAMÉN HABÍA UN PEIXE GLOBO QUE RECOÑECEU LEO
SEN ESTAR INCHADO!!
ENTRAMOS DENTRO DUNHA BURBULLA DE CRISTAL
SEMELLABA ESTAR DENTRO DA AUGA
CON QUENLLAS, RAIAS, MEROS
E MOOOOITOS OUTROS PEIXES.
ACABAMOS BALDADOS E MERENDAMOS DENTRO DO ACUARIO, PERO NO
PARQUE PARA PODER XOGAR DESPOIS.
PASÁMOLO BÁRBARO!
Á VOLTA NO BUS HOUBO QUEN QUEDOU A DURMIR.
💤💤💤💤💤💤💤💤💤
DÉRONNOS UNHA INVITACIÓN PARA PODER IR OUTRA VEZ COA
FAMILIA
💙💓💚💕💜💖💛 💗
Ningún comentario:
Publicar un comentario