mércores, 19 de outubro de 2022

Crebacabezas mariño


 Fai uns días, que na clase de catro anos, andamos investigar sobre o cabaliño de mar...

A verdade e que estamos aprendendo moitas cousas moi curiosas deste animal mariño: vós sabiades que é o único peixe que nada en posición vertical?


Hoxe a mestra na clase propúxonos un reto colectivo que consistía en compoñer na  pizarra dixital un crebacabezas dun cabaliño de mar e conseguímolo nun tempo récord.


Logo tiñabamos que facer outro en papel para o noso libro dos animais mariños.

Primeiro tivemos que recortar as pezas ...

 


E logo discorrer o xeito de encaixalas ...

 

para compoñer o animal mariño...


 🐚🐚🐚🐚🐚🐚


Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...