Rematamos o trimestre coa celebración dos cumples de novembro e decembro, a visita de Papa Noel e a festa de fin de ano.
Ai que ver o que nos gusta a troula!
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
Rematamos o trimestre coa celebración dos cumples de novembro e decembro, a visita de Papa Noel e a festa de fin de ano.
Ai que ver o que nos gusta a troula!
Investigando sobre o qué comen as formigas descubrimos que son animais omnívoros, porque aliméntanse de animais e vexetais: insectos, animais mortos, cereais, doces, froitas, verduras e mesmo de froitos secos.
E aproveitando que estamos en outono e coa proximidade da celebracion do Magosto no cole, onde as protagonistas son as castañas, entrounos a curiosidade polos froitos secos e decidimos pedir a colaboración das familias para traer froitos secos ao cole e así tivemos a oportunidade de probalos, clasificalos, etiquetalos ...
E mesmo montamos un recuncho na aula!
Aprendemos moitísimas cousas...
O que máis nos chamou a atención foi descubrir que os cacahuetes non son froitos secos senón que son legumes da familia das lentellas e dos garavanzos...
Polo que temos unha nova misión entre mans: Plantar cacahuetes!
Hoxe tiremos unha gran sorpresa...
Visitounos o pai de Carme con Titi, o seu gatiño.
E Carme contounos moitísimas cousiñas da súa mascota.
Pasámolo de medo co Samaín...
Fixemos manualidades para decorar a aula, obradoiros coa colaboración das familias, merendas terroríficas, concurso de cabazas, actuacións e mesmo un túnel do terror...
🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃
ESTE MES DE SETEMBRO CELEBRAMOS
OS ANIVERSARIOS DE
MARIÑA E O DE NAIA
🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈
NAIA XA TEN 5
PARABÉNS ÁS DÚAS
💙💓💚💕💜💖💛 💗
Iniciamos o trimestre cun novo proxecto en mente!
🐜🐜🐜🐜🐜🐜🐜
Aproveitando o bo tempo, comenzamos a investigar...
E no patio un formigueiro tiñabamos que atopar.
PARECE MENTIRA, PERO XA PASOU UN CURSO ENTEIRO.
LEVAMOS 10 MESES INDO AO COLEXIO.
O FINAL, COMA SEMPRE, FOI INTENSÍSIMO
TODO XIROU ARREDOR DOS CANGAREXOS ASÍ QUE PREPARAMOS UNHA POLKA PARA O FESTIVAL. PINCHA NO CANGAREXO PARA ESCOITALA 🦀
DECORAMOS AS BOLSAS DOS TRABALLOS CUN CANGAREXO NA BEIRA DUNHA PRAIA.
BOTAMOS UN RATIÑO MESTURANDO AS CORES ATA ESTAR SATISFEITOS CO RESULTADO.
TIÑAN AREA DA XUNQUEIRA
PREPARAMOS NA CLASE AS CUBERTAS PARA OS TRABALLOS QUE FIXEMOS NA AULA ESTAMPANDO UN CANGAREXO 🦀
PINTAMOS UNHA CAMISETA PARA LEVALA POSTA NO FESTIVAL DE ONTE
HOXE PASÁMOLO PIPA XOGANDO COA AUGA,
MOLLÁMONOS CANTO QUIXEMOS.
CAMBIÁMONOS NA CLASE A ROUPA MOLLADA POR OUTRA SECA PARA NON COLLER FRÍO.
REMATAMOS A FESTA COMENDO PIZZA E BAILANDO DESPOIS.
A PROFE ESTÁ MOI CONTENTA CON NÓS, PORTÁMONOS MOI, PERO QUE MOI BEN E APRENDEMOS MOITÍSIMO.
TEMOS TODO O VERÁN PARA XOGAR E ENREDAR NA PRAIA, NO PARQUE, COA FAMILIA E QUEDANDO COS AMIGOS E AMIGAS DO COLE.
PERO... TEMOS DEBERES PARA O VERÁN!
TEMOS QUE FALAR MOITO, PERO CADA VEZ MELLOR.
VAI SER DOADO PORQUE SE NON O FACEMOS BEN SEGURO QUE NON SABEDES QUE É O QUE QUEREMOS QUE NOS DEADES
GRACIÑAS POR ESTE MAGNÍFICO CURSO
💙💓💚💕💜💖💛 💗