Esta semana os cativos e cativas de 4 anos, co gallo da celebración do Día de Pi, o 14 de marzo, levamos a cabo diferentes propostas didácticas a modo de xogo, tanto para traballar aspectos relacionados coa lóxica-matemática senón tamén coa lectoescritura...
O primeiro foi o xogo de PI ESTÁ AQUÍ, que consistía en buscar a Pi polo centro...
O seguinte foi o de colorear un verme seguindo un código no que tiñabamos que asociar cada número cunha cor.
Noutro xogo tiñabamos que pensar entre tod@s palabras nas que comezaran por PI e escribilas para decorar o número Pi.
E outro dos xogos consistía en construir a cidade de PI nun diagrama de barras.
Como vedes e nunca mellor dito, pasámolo Piiiiiiiiiipa!!
🤩🤩🤩🤩🤩
Ningún comentario:
Publicar un comentario