xoves, 7 de novembro de 2024

Sementando landras

 Os cativos e cativas de 3 anos ocorreuselles, a partir do conto "Xaime e as landras", sair a explorar o patio da escola na procura de carballos, landras e follas. 

https://m.youtube.com/watch?v=YbJCFDAIYjc 

Así, aprenderon a diferenciar polas follas aos carballos doutras árbores, ao tempo que observaron os cambios máis significativos que se producen na contorna  no outono.

Ao volver á aula quixeron facer coma Xaime, o protagonista do conto, plantando cadansúa landra, a cal regaron e abonaron.

Botade unha ollada...

 


Logo escribiron o seu nome e o pegaron no seu vasiño.

Mírade que ben quedaron...







Agora terán que coidala con moito agarimo e esperar a ver o que pasa.🌱🌱🌱🌱

 👀👀


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...