Os cativos e cativas de 3 anos ocorreuselles, a partir do conto "Xaime e as landras", sair a explorar o patio da escola na procura de carballos, landras e follas.
https://m.youtube.com/watch?v=YbJCFDAIYjc
Así, aprenderon a diferenciar polas follas aos carballos doutras árbores, ao tempo que observaron os cambios máis significativos que se producen na contorna no outono.
Ao volver á aula quixeron facer coma Xaime, o protagonista do conto, plantando cadansúa landra, a cal regaron e abonaron.
Botade unha ollada...
Logo escribiron o seu nome e o pegaron no seu vasiño.
Mírade que ben quedaron...
Ningún comentario:
Publicar un comentario