Hoxe visitounos Marta, a mamá de Javier López, e estívonos ensinando a facer un broche de fieltro para as nosas mamás.
Hoxe viñamos con moitas ganas de traballar e non a deixamos nen tan sequera falar e dicirnos como se chamaba nin cal era o seu traballo; en canto chegou sentámola nunha das nosas cadeiras e puxémola a traballar porque intuíamos que ía ser unha tarefa difícil, desas que so fan os nenos e nenas de catro anos, ou os que están a piques de cumprir anos.
A verdade é que nos custaba un pouco realizar a tarefa, menos mal que ela nos axudou porque: primeiro tiñamos que recortar dúas flores e un círculo de tea de fieltro (e era a primeira vez que cortabamos tea) e logo pórlle un botón e coser con agulla e fío (e como nós non somos quen de usar a agulla, coseu ela todos os agasallos para as nosas mamás e papás). Pero iso si, estivemos moi atentos para facelo nós a próxima vez.
Despois para despedila démoslle tantos bicos e abrazos que ata a tiramos ao chan nun par de ocasións; é que somos demasiado cariñosos.
Pasámolo moi ben e aprendemos a facer algunhas cousas que aínda non sabiamos.
Moitas grazas Marta polas túas dúas visitas e volve cando queiras máis achuchóns.
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario