viernes, 23 de noviembre de 2012

Visita da familia de Antonio

A semana que Antonio foi o noso encargado viñéronnos visitar os seus papás (Fabián e Lupe).
Con Lupe e Fabián lemos un conto de Teo e a súa familia porque a Antonio lle encantan os contos de Teo e despois fixemos unha tarxeta de Nadal para os nosos pais; primeiro pintámola e logo botámoslle brillantina e estrelas para que fose ben bonita (os máis atrevidos despois de facer a tarxeta metéronse debaixo da mesa para ver se de verdade brilaba).
Despois de facer a tarxeta déronnos unhas chuches e máis unha carta para escribirlle aos reis.
Gustounos moito a vosa visita e pasámolo moi ben, sobre todo coa brillantina e a purpurina e estamos esperando a que a profe nos lea ese conto que nos deixastes de Papá Noel, que en realidade é un calendario de Adviento.
Lamentamos moito a hora da visita porque coas présas de recoller e colocar non nos deu tempo de despedirvos como vos merecedes. Un bico dende aquí e moitas grazas por compartirdes o voso tempo con nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...