mércores, 21 de novembro de 2012

Visita da familia de Edu

A semana que Edu foi o noso encargado veunos visitar a súa mamá, Sonia, e ademais de ensinarnos unha historia de como era Papá Noel de pequeno, fixemos unha manualidade para poñer a nosa casa ben bonita cando chegue o Nadal.
O conto que estivemos mirando foi o seguinte:



E despois de velo puxémonos a traballar: primeiro Sonia deunos uns vasos de poliespán e empezamos a pintalos, só tiñamos que pintalos un pouquiño para que quedasen moi ben feitiños, pero a verdade é que en canto nos dan un pincel e témpera perdemos a perspectiva e aquilo parecía de todo menos un boneco de neve. Aínda así quedáronnos moi bonitos e iso de desenvolver a nosa creatividade cada día dásenos mellor.
Despois de pintar o boneco e deixalo secar puxémoslle o gorro ou as orelleiras e xa para rematar miramos un vídeo que Papá Noel lle enviou a Edu.
Gustounos moito a túa visita Sonia e aprendemos cousiñas do Nadal, que pouco a pouco e case sen decatarnos está chegando.
Moitas grazas por vir visitarnos e por pasar o teu tempo connosco, encántannos as vosas visitas.





Premede na imaxe para acceder á presentación das fotos da visita.

Se vós tamén queredes prepararlles aos vosos fillos/as un vídeo personalizado de Papá Noel, na seguinte ligazón podedes facelo:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...