O Día Internacional do Libro Infantil celébrase, dende 1967, o 2 de abril con actividades dirixidas a fomentar a lectura entre o público máis pequeno.
Esta efemérides recorda o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de algúns dos contos infantís máis célebres da historia. Con motivo desta conmemoración cada ano un país membro do IBBY elabora o cartel anuciador cunha mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo; este é o deste ano.
Algúns dos contos de Andersen que hoxe imos ler ou ver na nosa aula para celebrar esta data tan importante son: o parruliño feo, o soldadiño de chumbo, o traxe novo do emperador, a raíña das neves, o abeto, a sereíña...
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario