xoves, 11 de abril de 2013

Que importante é poder ver

O martes na escola estivemos "xogando" a cegos e lazarillos. Foi unha experiencia moi enriquecedora, xa que cando non se ve é difícil andar, e máis aínda correr como querían os nosos compañeiros/as.
Despois de intentar pasear polo colexio coa axuda do noso "lazarillo" e de non levar demasiados golpes, estivemos facendo un debuxo da sesión, e máis tarde xogamos a adiviñar que eramos só polo sentido do tacto, sen vista nin oído.
Aquí vos deixamos unhas fotos da sesión.
 cegos e lazarillos on PhotoPeach

Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...