luns, 28 de outubro de 2013

O monstrexo

E como xa falta pouco pouco para o Samaín  imos ver unha curta de "medo".



The Monstrejo from Pep Lluis Llado on Vimeo.

Xogo de Samaín

E seguimos aprendendo cousiñas do Samaín. Aquí tedes unha actividade lim moi interesante e moi adecuada para a lectoescritura.

domingo, 27 de outubro de 2013

Contos do Samáin

Aquí podedes ver algún dos contos do Samaín que estamos traballando na clase, agardamos que vos gusten porque a nós encantáronnos.




Open publication - Free publishing


E outro conto do Samaín e a festa de disfraces.


venres, 25 de outubro de 2013

Conto do Samaín

Estivemos vendo un conto do Samaín que nos gustou moito. Aquí volo deixamos para velo na casa.

martes, 22 de outubro de 2013

Experimentos coa auga

O que máis nos gustou do proxecto da auga era cando as mestras nos deixaban experimentar con ela.
 Así falamos e buscamos onde había auga e cales eran os estados nos que a podiamos atopar.
Tamén xogamos a facer mesturas. Primeiro fixemos un estudo das nosas ideas previas e despois procedemos a desenvolvelas e mesturamos auga con sal, con aceite, con mel, con azucre, con plastilina... e observamos como o resultado era distinto entre uns materiais e outros, pois algúns disolvíanse pero outros non, algúns "desaparecían" na auga e outros cambiábanlle a cor... foi moi entretido. Pero o mellor foi o da plastilina, xa que se a deixas en auga un día, ó día seguinte pódela empregar para pintar.
Outro día observamos cantas formas tiña a auga de caer e que sucedía cando caía moi forte e a moita velocidade... era así como se producía a electricidade que nos dixera Iker.


luns, 21 de outubro de 2013

O noso proxecto "a auga"

Agora que o noso proxecto está a piques de rematar porque chega o SAMAIN ímosvos contar como se foi desenvolvendo.
O primeiro que fixemos foi unha posta en común sobre o que sabiamos da auga, o que queríamos saber, onde iamos buscar a información e o que íamos facer con ela unha vez tivésemos todas as respostas.
Unha vez superado este primeiro momento de traballo en gran grupo o que fixemos foi pedirlle axuda e información aos nosos papás e mamás que saben moito de todo, e trouxéronnos moitas cousas ao colexio para velas cos amigos/as e tamén a Manuelita e a Rosita.
E logo... empezamos a "estudar", "experimentar", "investigar"... primeiro observamos a auga e as súas propiedades. E xa sabemos que non ten cor (incolora), nin sabor (insípida), nin olor (inodora).

mércores, 16 de outubro de 2013

Maís cousiñas da auga

O profe Juan (de 4º de EP) fixo un lim moi bonito sobre a auga e o seu aproveitamento, e nós somos tan listos que hai moitas cousas que xa somos quen de facer.
Aquí volo deixamos para que poidades seguir traballando na casa.


martes, 15 de outubro de 2013

O ciclo da auga

Estivemos vendo na aula en que consistía o ciclo, logo estivemos esperimentando no ximnasio e por último vemos unha animación de como ten lugar e aprendemos unha canción.

Fai clik na imaxe para ver a simulación

luns, 14 de outubro de 2013

Máis cousiñas sobre a auga

Estámonos esforzando moito por aprender todo o posible sobre a auga e como mellor aprendemos é xogando e experimentando. Aquí vos deixamos un vídeo e un xogos de Pelayo sobre a auga.

domingo, 13 de outubro de 2013

xoves, 10 de outubro de 2013

Unha curta de animación

Hoxe miramos unha curta sobre a auga do mar que nos gustou moito.

mércores, 9 de outubro de 2013

Xogando coa auga

Premendo na imaxe podedes acceder a un xogo sobre a auga moi interesante.



domingo, 6 de outubro de 2013

MIckey xoga coa auga

No colexio non temos moito tempo, pero como nos gusta moito aprender cousiñas da auga e nos gusta máis aínda ver a Mickey Mouse, aquí vos deixamos un capítulo de Mickey de "Aventuras na auga".

 

xoves, 3 de outubro de 2013

O ciclo da auga

Como xa sabemos moitas cousas sobre a auga, agora tócanos investigar sobre o ciclo da auga.
Aquí temos un xogo para aprender xogando.

Caillou aforra auga

Agora que que xa imos sabendo máis cousiñas da auga temos que aprender como coidala; e que mellor forma que co noso amigo Caillou.


mércores, 2 de outubro de 2013

Fixemos burbullas

Xiana fixo un experimento na casa coa súa mamá para ver como o aceite flotaba na auga e nunca chegaban a mesturarse, xa que o aceite é máis denso que a auga.
Nós probamos un pouquiño máis e botamos un pouco sal enriba para ver que sucedía. Que pensades que pasou?

A canción de Narigota

Como nos gusta Narigota, aquí está a súa canción.

martes, 1 de outubro de 2013

Explorando con Narigota

Aquí podedes ver uns debuxos educativos para aprender máis sobre a auga que non vemos coa nosa amiga Narigota.

 

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...