Agora que o noso proxecto está a piques de rematar porque chega o SAMAIN ímosvos contar como se foi desenvolvendo.
O primeiro que fixemos foi unha posta en común sobre o que sabiamos da auga, o que queríamos saber, onde iamos buscar a información e o que íamos facer con ela unha vez tivésemos todas as respostas.
Unha vez superado este primeiro momento de traballo en gran grupo o que fixemos foi pedirlle axuda e información aos nosos papás e mamás que saben moito de todo, e trouxéronnos moitas cousas ao colexio para velas cos amigos/as e tamén a Manuelita e a Rosita.
E logo... empezamos a "estudar", "experimentar", "investigar"... primeiro observamos a auga e as súas propiedades. E xa sabemos que non ten cor (incolora), nin sabor (insípida), nin olor (inodora).
Ningún comentario:
Publicar un comentario