martes, 22 de outubro de 2013

Experimentos coa auga

O que máis nos gustou do proxecto da auga era cando as mestras nos deixaban experimentar con ela.
 Así falamos e buscamos onde había auga e cales eran os estados nos que a podiamos atopar.
Tamén xogamos a facer mesturas. Primeiro fixemos un estudo das nosas ideas previas e despois procedemos a desenvolvelas e mesturamos auga con sal, con aceite, con mel, con azucre, con plastilina... e observamos como o resultado era distinto entre uns materiais e outros, pois algúns disolvíanse pero outros non, algúns "desaparecían" na auga e outros cambiábanlle a cor... foi moi entretido. Pero o mellor foi o da plastilina, xa que se a deixas en auga un día, ó día seguinte pódela empregar para pintar.
Outro día observamos cantas formas tiña a auga de caer e que sucedía cando caía moi forte e a moita velocidade... era así como se producía a electricidade que nos dixera Iker.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...