Hoxe como xa saberedes polos nen@s e polo blog da Biblioteca, tivemos a visita dunha madama e dun galán, que nos contaron moitas cousas do Carnaval de Cobres, declarado de interese turístico; nos quixemos probar o sombreiro dun galán pero pesaba tanto que non eramos capaces de movernos e moito menos bailar como elas i eles o fan. VIVA O ENTROIDO.
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
xoves, 28 de febreiro de 2019
mércores, 27 de febreiro de 2019
Aniversarios mes de febreiro!
Hoxe celebramos os aniversarios de Nuno, Jacobo, Icía e Mauro. Comimos biscoito e guisanitos ata fartar e que. ... 😋 rico estaba.
martes, 26 de febreiro de 2019
Obradoiro de Entroido.
Onte tocou o Obradoiro de Entroido nas clases de infantil, como xa sabedes dividímonos en grupos para que os maiores lles boten unha man os máis pequenos. Esta vez tocounos facer caretas con oveiras e filloas.
As filloas sairon tan ben que non fomos capaces de tomar a merenda que trouxemos da casa.
Foi un día moi divertido.
As filloas sairon tan ben que non fomos capaces de tomar a merenda que trouxemos da casa.
Foi un día moi divertido.
venres, 22 de febreiro de 2019
As chulas de Sabela.
Hoxe Sabela trouxo chulas para todos, estaban tan boas que cando a profe quixo facer as fotos xa non quedaba nada. Moitas grazas familia.
martes, 19 de febreiro de 2019
Visita ao Museo e Obradoiro no Café Moderno
Na saída de hoxe visitamos o Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, alí aprendemos moitas cousas de distintos pintores, contemplamos os seus cadros e ata fixemos a nosa propia obra de arte. Ensináronnos cadros con cores frías, con cores cálidas, feitos con teas, con madeira.....
Despois de merendar, fomos a un Obradoiro no Café Moderno onde fixemos unha máscara do loro Ravachol i escoitamos o conto da Galiña Azul, de Carlos Casares.
Despois de merendar, fomos a un Obradoiro no Café Moderno onde fixemos unha máscara do loro Ravachol i escoitamos o conto da Galiña Azul, de Carlos Casares.
domingo, 17 de febreiro de 2019
As palmeiras de chocolate de Mauro.
No sorteo que facemos semanalmente da Maleta viaxeira, o agraciado foi Mauro. O xoves, el e a súa nai, estiveron facendo as "palmeritas de chocolate" que veñen no libro de receitas que vai na famosa maleta. O venres quixo compartilas cos seus compañeiros e compañeiras e tamén coas profes; estaban tan boas que non sobrou nada. Moitas grazas.
Roteiro por Pontevedra
O mes de febreiro veu cargado de saídas, en esta recorremos as rúas da zona vella de Pontevedra na compaña de Roberto, que nos ensinou moitísmas cousas que non coñecíamos desta preciosa vila; pero o que máis nos gustou foi a historia do Demo, que vive debaixo da igrexa de San Bartolomeu.
Tamén visitamos o centro para personas maiores Saraiva, onde Eugenio,que foi o xefe da estación de ferrocaril de Pontevedra, contounos fermosas historias inventadas por el; moitas grazas e tamén a todos os que nos axudastes a pintar o noso agasallo do día dos namorados. E sobre todo a Rocío, que aínda que din que "manda" moito, todos lle teñen moito cariño.
Foi unha mañá moi completa e interesante.
Tamén visitamos o centro para personas maiores Saraiva, onde Eugenio,que foi o xefe da estación de ferrocaril de Pontevedra, contounos fermosas historias inventadas por el; moitas grazas e tamén a todos os que nos axudastes a pintar o noso agasallo do día dos namorados. E sobre todo a Rocío, que aínda que din que "manda" moito, todos lle teñen moito cariño.
Foi unha mañá moi completa e interesante.
mércores, 13 de febreiro de 2019
COMPOSTEIRO
Xa que no cole estamos inmersos no mundo do reciclaxe, aprendimos o que é o compost. Foi moi divertido.
martes, 12 de febreiro de 2019
Obradoiro A que sabe a lúa?
Este mes estamos descubrindo moitas cousas sobre a Lúa; un dos contos que máis nos gusta é A que sabe a lúa?, por iso as nosos profes decidiron facer uns obradoiros sobre este libro; aquí tendes unha mostra das moitas cousas que fixemos.
Visita a aula de música de primaria.
Levamos todo o curso escoitando o son de distintos instrumentos que saian da clase de música pero nunca os foramos a ver; hoxe foi a gran día, a profe de música de primaria convidounos a súa clase, e ata nos deu un pequeno concerto en exclusiva. Encantounos, moitas grazas profe Sandra.
venres, 8 de febreiro de 2019
Pintamos como Hervé Tullet
Esta semana Sabela trouxo ó cole un conto de Tullet e a profe ensinounos outro da biblioteca; como nos gustaron tanto, quixemos reproducir algunha páxina. Aquí tendes unha pequena mostra das obras de arte.
luns, 4 de febreiro de 2019
Saída Afundacion
Hoxe foi un día moi completo, como o venres choveu tanto, non puidemos ir a obra de teatro “Burbullas de papel” e fomos hoxe. Despois as clases de 4 e 5 anos fomos a redacción de Pontevedra Viva, alí convértemonos en reporteiros. Os nenos e nenas de 3 anos agardaron no parque, era a súa primeira saída e non aguantaron o noso ritmo.
Acabamos agotados pero pasámolo tan ben, que xa estamos desexando repetir.
Acabamos agotados pero pasámolo tan ben, que xa estamos desexando repetir.
venres, 1 de febreiro de 2019
ALOE VERA
O amigo Breogán troúxonos a clase unhas plantas de Aloe Vera, tiña moita emoción de que todos as miraramos, así que decidimos que o mellor era plantalas nunhas macetas. E mans a obra...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)