domingo, 17 de febreiro de 2019

Roteiro por Pontevedra

O mes de febreiro veu cargado de saídas, en esta recorremos as rúas da zona vella de Pontevedra na compaña de Roberto, que nos ensinou moitísmas cousas que non coñecíamos desta preciosa vila; pero o que máis nos gustou foi a historia do Demo, que vive debaixo da igrexa de San Bartolomeu.

Tamén visitamos o centro para personas maiores Saraiva, onde Eugenio,que foi o xefe da estación de ferrocaril de Pontevedra, contounos fermosas historias inventadas por el; moitas grazas e tamén a todos os que nos axudastes a pintar o noso agasallo do día dos namorados. E sobre todo a Rocío, que aínda que din que "manda" moito, todos lle teñen moito cariño.

Foi unha mañá moi completa e interesante.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...