Hoxe foi un día moi completo, como o venres choveu tanto, non puidemos ir a obra de teatro “Burbullas de papel” e fomos hoxe. Despois as clases de 4 e 5 anos fomos a redacción de Pontevedra Viva, alí convértemonos en reporteiros. Os nenos e nenas de 3 anos agardaron no parque, era a súa primeira saída e non aguantaron o noso ritmo.
Acabamos agotados pero pasámolo tan ben, que xa estamos desexando repetir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario