luns, 1 de xuño de 2020

O planeta azul

Bos días parruliños e parruliñas!!
🙋🙋🙋🙋
Que tal estades??

Eu hoxe estou un pouco triste porque  fun ao supermercado e o aparcadoiro estaba cheo de guantes de plástico e mascarillas tiradas polo chan... 
Que vos parece?

Vós xa sabedes que o lixo hai que tiralo na papeleira da súa cor, non no chan. 

O noso planeta, a Terra, tamén se chama o planeta azul...


SABEDES POR QUE? 

Este nome llo puxeron os astronautas, porque dende o espazo, a maior parte do noso planeta vese de cor azul, debido a gran cantidade de auga dos mares, ríos e océanos.
Como xa sabedes, a auga é moi importante para a vida, e temos que coidala, aquí vos deixo un vídeo para aprender a facelo.
Gustaríame que vos convirtades en verdadeiros amigos da natureza e aprendades a coidala moito...
💙💚💛💜

Hoxe imos facer un CESPINO.


Neste vídeo aprenderás a construir un Cespino, CO QUE APRENDERÁS A VIVIR EN SINTONÍA COA NATUREZA, pois si queres que teña pelo, terás que coidalo!!!
Debes regalo diariamente para que lle vaia medrando o pelo e cando lle medre moito… terás que cortarllo!!


ANIMÁDEVOS A FACER O VOSO CESPINO
E ENVIÁDELLO AS VOSAS MESTRAS!!
EU VOU FACER O MEU!!
😍😍😍😍
Bicos de fresa para tod@s da profe Marina!!
🍓🍓🍓🍓🍓🍓🍓

 E VELAQUÍ OS VOSOS CESPINOS!!
FANTÁSTICOS!!
👌👌👌👌 










Algúns xa poderían ir á PERRUQUERÍA!!
👀👀👀👀👀







Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...