BOS DÍAS AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!!
REMATAMOS OUTRA SEMANA MÁIS!!
E MENUDA SEMANA CALUROSA!!
CHEGOU XA O VERÁN??
CANTO FALTA??
SEI QUE ALGÚNS DE VOS SODES EXPERT@S NOS CALENDARIOS E VOS GUSTA MOITO CONTAR OS DÍAS QUE FALTAN PARA OCASIÓNS ESPECIAIS,
E A CHEGADA DO VERÁN É MOI ESPECIAL! NON SI?
ANIMÁDEVOS A CONTAR NO CALENDARIO CANTOS DÍAS FALTAN!!!
🌞🌞🌞
ESTOS DÍAS TAN CALUROSOS SEGURO QUE APROVEITADES PARA PASEAR EN FAMILIA, IR Á PRAIA, AO RÍO, PASEAR POLO MONTE...
PASEOS AO AIRE LIBRE!!
EN CONTACTO COA NATUREZA,
QUE TANTO BOTÁBAMOS DE MENOS!!
ASÍ QUE QUEREMOS PROPOÑERVOS UN RETO QUE OLLAMOS NA PÁXINA DE INNATURA QUE SE CHAMA "7 DÍAS, 7 ELEMENTOS NATURAIS"
E CONSISTE EN ATOPAR CADA DÍA UN ELEMENTO DA NATUREZA QUE COMECE POLA PRIMEIRA LETRA DO VOSO NOME, A VOSA INICIAL.
NOS IMOS A ADAPTALA UN POUCO E APROVEITAREMOS AS SAÍDAS DA FIN DE SEMANA PARA BUSCALOS. A VER CANTAS COUSIÑAS CONSEGUIDES ATOPAR!!
APROVEITADE AS VOSAS SAÍDAS Á NATUREZA PARA BUSCAR OS DIFERENTES ELEMENTOS QUE COMECEN COA LETRA DO VOSO NOME E SACÁDELLE UNHA FOTO. DESPOIS FACEDE UN REXISTRO NUN FOLIO ANOTANDO O NOME DO QUE ATOPÁCHEDES.
SE SABEDES DALGÚN ELEMENTO QUE COMECE POLA VOSA LETRA PERO NON O VÍCHEDES, PODEDES FACER UN POUQUIÑO DE TRAMPA E ENVIARNOS UNHA IMAXE DA REDE. SABEMOS QUE É UN POUCO COMPLICADO!!
AÍNDA QUE SEGURO QUE CONSEGUIDES FOTOGRAFIAR MOITAS COUSIÑAS!
O LUNS ENVIÁDENOS AS FOTIÑOS ÁS MESTRAS, E ENCHEREMOS O BLOG DE PRECIOSAS IMAXES DA NATUREZA!
BIQUIÑOS XIGANTES PARA TODAS E TODOS!!
QUE TEÑADES UNHA BOA FIN DE SEMANA!!
💚💚💚
A PROFE SAMAI
Ningún comentario:
Publicar un comentario