Papá Noel pasou polo cole e deixounos un agasallo...
Menuda sorpresa!!
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
O luns, Valeria, cumpliu 4 aniños...
E hoxe no cole celebrámolo conxuntamente todos os nenos e nenas de infantil, cun bizcoito e moita troula!
ESTE MÉRCORES FOMOS DE EXCURSIÓN EN AUTOBÚS
AO MERCADO DE ABASTOS DE PONTEVEDRA.
FOI A PRIMEIRA SAÍDA DA CLASE DE TRES ANOS.
VISITAMOS UNHA CHACINARÍA ONDE CASE TODO O QUE TIÑAN PARA VENDER ERA DO PORCO.
PASAMOS POR VARIOS POSTOS DE PEIXE E MARISCO.
APRENDEMOS MOITÍSIMAS COUSAS INTERESANTES:
DISTINGUIR O PEIXE AZUL DO PEIXE BRANCO, E PARA NON ESQUECELO
ESTE SINAL PARA LEMBRAR A COLA DO PEIXE AZUL✌
PARA LEMBRAR A DO PEIXE BRANCO✋ESTE SINAL, COMO UN PINCEL
XA SABEMOS DIFERENCIAR AS FEMIAS DOS
MACHOS DAS CENTOLAS E DAS NÉCORAS E UN LUMBRIGANTE TIÑA GAÑAS
DE LERIA E FACÍA RUÍDO CO SEU CORPO.
VIMOS POLBOS, TIBURÓNS, MANTAS
RAIAS, CHOCOS, ...
A VISITA REMATOU INDO AO ESPAZO DO GANAPÁN,
NO PRIMEIRO ANDAR DO EDIFICIO.
ALÍ, UXÍA, ENSINOUNOS UN
GANAPÁN DE VERDADE.
SANDRA CONTOUNOS A
HISTORIA DE LOTA, A CACHALOTA .
PINTAMOS UNS MARCAPÁXINAS CHULÍSIMOS, QUE LEVAMOS PARA O COLE.
PARA VER MÁIS:
COINCIDIMOS COS MAIORES Á HORA DA MERENDA. |
💙💓💚💕💜💖💛 💗
Menuda sorpresa levamos os cativos e cativas de 4 anos ao chegar hoxe ao cole...
Na nosa clase había unha tartaruga!
Estivemos moi atarefados e atarefadas toda a mañá, buscándolle un nome...
Entre todos e todas decidimos chamala SAMI, gústavos?
Logo, os cativos e cativas de 5 anos viñeron prestarnos un libro máxico sobre as tartarugas que imos coidar moitísimo porque é do irmán de Enma.
Xa nos puxemos a investigar como se escribía tartaruga e fixemos un debuxo de Sami e tamén escribimos o seu nome.
Así que dentro do proxecto dos animais mariños que comezamos a traballar no primeiro trimestre agora tócalle o turno ás tartarugas...
Queridas familias queremos pedirvos axuda de xeito que se tedes por casa algo relacionado coas tartarugas nolo fagades chegar ao cole para seguir investigando e aprendendo, de seguro coa vosa axuda imos aprender moitísimo!!
Grazas de antemán pola vosa colaboración!
Bicos e apertas mariñas!!
😍😘😍😘😍
O tempo acompañounos na celebración do Magosto..
Moitas grazas familias por vir xogar connosco!!
Pasámolo en grande!!
E LOGO DE TANTO XOGAR...
OS CATIVOS E CATIVAS APROVEITAMOS A CHEGADA DO OUTONO PARA FACER AS NOSAS ARTISTADAS...
MIRADE QUE CHULADA!
🤩🤩🤩🤩
HAI NADA CELEBRAMOS OS CUMPLES
DO MES DE SETEMBRO
E ...
ALÁ FOI UN MES MÁIS !
FESTEXAMOS HOXE DOUS ANIVERSARIOS
SOPRARON AS VELAS DA TORTA
A SEBAS TOCOULLE SOPRAR 5 VELIÑAS XA.
PAPARON A TORTA,
OS GUSANITOS E
BAILARON NO XIMNASIO O QUE QUIXERON.
E XA QUEDA MENOS PARA A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN, E NA CLASE DE 4 ANOS ESTAMOS COS ÚLTIMOS PREPARATIVOS PARA A DECORACIÓN DOS CORREDORES PARA O GRAN DÍA...
BOTADE UNHA OLLADA!!
COMO NO SAMAÍN ANDAN SOLTAS UNHA CHEA DE CRIATURAS TERRORÍFICAS
👻💀👾🎃👻🎃👾💀👻
NA CLASE DE TRES ANOS ATRAPAMOS UNHAS PANTASMAS. 👻👻👻👻👻👻👻👻👻
PRIMEIRO PEGAMOS DOUS OLLOS DE CORES
👀 👀 👀 👀 👀 👀 👀 👀 👀
DESPOIS ESTAMPAMOS A FORMA DO NOSO FANTASMA CON TÉMPERA BRANCA
LOGO DE SECAR UN POUCO ...
SORPRESA!!
MIRADE QUE CHULADA
PEGÁMOLOS NO CORREDOR DIANTE DA NOSA CLASE
💙💓💚💕💜💖💛 💗
Logo de contar o conto "CORRE, CORRE CABACIÑA" e cantar a canción ... Ocorreusenos pintar as nosas cabazas para decorar a porta da clase para o Samaín...
Velaquí vos deixamos todo o proceso e os resultados...