Menuda sorpresa levamos os cativos e cativas de 4 anos ao chegar hoxe ao cole...
Na nosa clase había unha tartaruga!
Estivemos moi atarefados e atarefadas toda a mañá, buscándolle un nome...
Entre todos e todas decidimos chamala SAMI, gústavos?
Logo, os cativos e cativas de 5 anos viñeron prestarnos un libro máxico sobre as tartarugas que imos coidar moitísimo porque é do irmán de Enma.
Xa nos puxemos a investigar como se escribía tartaruga e fixemos un debuxo de Sami e tamén escribimos o seu nome.
Así que dentro do proxecto dos animais mariños que comezamos a traballar no primeiro trimestre agora tócalle o turno ás tartarugas...
Queridas familias queremos pedirvos axuda de xeito que se tedes por casa algo relacionado coas tartarugas nolo fagades chegar ao cole para seguir investigando e aprendendo, de seguro coa vosa axuda imos aprender moitísimo!!
Grazas de antemán pola vosa colaboración!
Bicos e apertas mariñas!!
😍😘😍😘😍
Ningún comentario:
Publicar un comentario