ESTE MÉRCORES FOMOS DE EXCURSIÓN EN AUTOBÚS
AO MERCADO DE ABASTOS DE PONTEVEDRA.
FOI A PRIMEIRA SAÍDA DA CLASE DE TRES ANOS.
VISITAMOS UNHA CHACINARÍA ONDE CASE TODO O QUE TIÑAN PARA VENDER ERA DO PORCO.
PASAMOS POR VARIOS POSTOS DE PEIXE E MARISCO.
APRENDEMOS MOITÍSIMAS COUSAS INTERESANTES:
DISTINGUIR O PEIXE AZUL DO PEIXE BRANCO, E PARA NON ESQUECELO
ESTE SINAL PARA LEMBRAR A COLA DO PEIXE AZUL✌
PARA LEMBRAR A DO PEIXE BRANCO✋ESTE SINAL, COMO UN PINCEL
XA SABEMOS DIFERENCIAR AS FEMIAS DOS
MACHOS DAS CENTOLAS E DAS NÉCORAS E UN LUMBRIGANTE TIÑA GAÑAS
DE LERIA E FACÍA RUÍDO CO SEU CORPO.
VIMOS POLBOS, TIBURÓNS, MANTAS
RAIAS, CHOCOS, ...
A VISITA REMATOU INDO AO ESPAZO DO GANAPÁN,
NO PRIMEIRO ANDAR DO EDIFICIO.
ALÍ, UXÍA, ENSINOUNOS UN
GANAPÁN DE VERDADE.
SANDRA CONTOUNOS A
HISTORIA DE LOTA, A CACHALOTA .
PINTAMOS UNS MARCAPÁXINAS CHULÍSIMOS, QUE LEVAMOS PARA O COLE.
PARA VER MÁIS:
COINCIDIMOS COS MAIORES Á HORA DA MERENDA. |
💙💓💚💕💜💖💛 💗
Ningún comentario:
Publicar un comentario