venres, 25 de novembro de 2022

Parabéns Valeria!


O luns, Valeria, cumpliu 4 aniños...


 

E hoxe no cole celebrámolo conxuntamente todos os nenos e nenas de infantil, cun bizcoito e moita troula!


Entre todos e todas  fixémoslle un agasallo...

💜💜💜💙💙💙💙💙💚💚💚 

sábado, 19 de novembro de 2022

SAÍDA AO MERCADO

ESTE  MÉRCORES FOMOS DE EXCURSIÓN EN AUTOBÚS AO MERCADO DE ABASTOS DE PONTEVEDRA.

FOI A PRIMEIRA SAÍDA DA CLASE DE TRES ANOS.



O PRIMEIRO QUE FOMOS VER FOI UN POLBO XIGANTE QUE HABÍA NO TEITO  DO MERCADO E UNHAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE PESCA.

VISITAMOS UNHA CHACINARÍA ONDE CASE TODO O QUE TIÑAN PARA VENDER ERA DO PORCO.

PASAMOS POR VARIOS POSTOS DE PEIXE E MARISCO.

APRENDEMOS  MOITÍSIMAS COUSAS INTERESANTES:

 DISTINGUIR O PEIXE AZUL DO PEIXE BRANCO, E PARA NON ESQUECELO 

ESTE SINAL PARA LEMBRAR A COLA DO PEIXE AZUL

 PARA LEMBRAR A DO PEIXE BRANCOESTE SINAL, COMO UN PINCEL

XA SABEMOS DIFERENCIAR AS FEMIAS DOS MACHOS DAS  CENTOLAS E DAS NÉCORAS E UN LUMBRIGANTE  TIÑA GAÑAS DE LERIA E FACÍA RUÍDO CO SEU CORPO.

VIMOS  POLBOS, TIBURÓNS, MANTAS RAIAS, CHOCOS, ... 

A VISITA REMATOU INDO AO ESPAZO DO GANAPÁN, NO PRIMEIRO ANDAR DO EDIFICIO.

ALÍ, UXÍA,  ENSINOUNOS UN GANAPÁN DE VERDADE.

 SANDRA CONTOUNOS A HISTORIA DE   LOTA, A CACHALOTA .

PINTAMOS UNS MARCAPÁXINAS CHULÍSIMOS, QUE LEVAMOS PARA O COLE.

PARA VER MÁIS:


COINCIDIMOS COS MAIORES Á HORA DA MERENDA.
CANDO REMATOU A VISITA, AGASALLÁRONOS CUN PARAUGAS DE CORES PARA CADA UN.
BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODAS TODOS

💙💓💚💕💜💖💛 💗


xoves, 17 de novembro de 2022

A nosa mascota de aula 🐢🐢

 Menuda sorpresa levamos os cativos e cativas de 4 anos ao chegar hoxe ao cole...

Na nosa clase había unha tartaruga!



Estivemos moi atarefados e atarefadas toda a mañá, buscándolle un nome...


 

Entre todos e todas decidimos chamala SAMI, gústavos?

Logo, os cativos e cativas de 5 anos viñeron prestarnos un libro máxico sobre as tartarugas que imos coidar moitísimo porque é do irmán de Enma.


 

Xa nos puxemos a investigar como se escribía tartaruga e fixemos un debuxo de Sami e tamén escribimos o seu nome.

Así que dentro do proxecto dos animais mariños que comezamos a traballar no primeiro trimestre agora tócalle o turno ás tartarugas...


 

Queridas familias queremos pedirvos axuda de xeito que se tedes por casa algo relacionado coas tartarugas nolo fagades chegar ao cole para seguir investigando e aprendendo, de seguro coa vosa axuda imos aprender moitísimo!!

Grazas de antemán pola vosa colaboración!

Bicos e apertas mariñas!!

😍😘😍😘😍

 


 



domingo, 13 de novembro de 2022

Polo Magosto castañas e xogos!!

 O tempo acompañounos na celebración do Magosto.. 

Moitas grazas familias por vir xogar connosco!!

Pasámolo en grande!!











E LOGO DE TANTO XOGAR...

 

🌰 🌰 🌰



mércores, 9 de novembro de 2022

Artistadas de outono

 OS CATIVOS E CATIVAS APROVEITAMOS A CHEGADA DO OUTONO PARA FACER AS NOSAS ARTISTADAS...


 

 

MIRADE QUE CHULADA!

🤩🤩🤩🤩






LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...