xoves, 31 de maio de 2012

Cumples de Maio

Hoxe celebramos o aniversario das tres nenas que cumpliron xa catro anos durante o mes de Maio.

Felicidades a Xiana, Khadija e Ariadna e moitas grazas mamás e papás pola tarta, os bocatas, as patacas e os zumes, estaba todo boísimo.


Grilo

Xa sabemos que é o bichiño que nos regalaron. Nada máis e nada menos que un grilo, e ademais é un grilo macho, que chulo.
A verdade é que os nosos papás son moi listos e todos nos dixeron que era un grilo, pero non só iso, senón que ademais se acordaron de traerlle comidiña da que a el lle gusta (que a profe se esquecera) e trouxéronnos dous amigos cos que podía xogar, que ademais son todos machos e como hoxe estivemos moi caladiños cantaron un montón.
Tan listos son os nosos papás e amigos que ata nos explicaron como se cazaban os grilos e como eles cazaban grilos de pequenos, un día imos ter que ir nós.
Logo de falar nós un montón sobre os grilos, a profe estívonos ensinando algunhas cousas dos grilos que nos gustaron moito. Aquí tedes:

 O canto dun grilo.



Unha canción dun grilo que non é moi bonita pero aos nenos/as gustoulles.



 Un documental sobre os grilos.



E, por suposto a canción do grilo máis famoso "Pepito grillo".



 Aquí podedes ver algunhas fotos do primeiro día do grilo con nós (do noso primeiro grilo claro porque agora xa temos catro e todos machos) e máis de como fixemos a nota que vos levamos para a casa solicitando información.

mércores, 30 de maio de 2012

Que será será??

Mirade que bicho tiñamos hoxe na clase cando chegamos:
Foi un regalo que nos fixeron os nenos e nenas de 5 anos do colexio de Marcón; eles mandáronnolo con moito cariño porque lle teñen moito aprecio á nosa profe e a nós tamén (porque a profe lles fala moito de nós), pero cometeron un fallo moi grande... non nos enviaron unha nota dicíndonos o que era, nin que comía, nin onde vivía... así que agora tócanos traballar.

Que vos parece que será? Nós estivemos pensando e pensando e non descubrimos que era. Sabemos que non é unha bolboreta, nin unha formiga, nin unha mosca, nin un mosquito, nin unha abella... pero non sabemos que é. Así que decidimos pedirlle axuda aos que máis saben destas cousas: os nosos papás, mamás, avoas... E esperamos a súa resposta para mañá porque senón nos parece que vai morrer de fame porque tampouco sabemos que come.
 O caso é que empezamos a falar dos insectos que coñecíamos e recordamos o que nos explicou a apicultora o día da charla no colexio e estivemos investigando máis sobre a polinización. Aquí vos deixamos algúns vídeos e fotos que nos gustaron moito:

 Empezamos por ver un documental do mundo dos animais de Disney.
 Aquí está a primeira parte:



 E aquí tedes a segunda parte:



 Logo descubrimos que non só as abellas realizan a polinización:



 Pero o máis fermoso de todos sen dúbida é este:

 

A profe tamén nos ensinou unha selección de fotos escollidas por ela en Internet.

Ademais achegámosvos un xogo no que os nenos/as teñen que polinizar as flores da mesma cor.




martes, 29 de maio de 2012

As plantas

Aquí podedes ver unha presentación moi interesante sobre as plantas, as súas partes, as súas necesidades... que nos miramos hoxe na escola.

luns, 28 de maio de 2012

Protagonista

Esta semana a nosa protagonista é... LUCÍA


venres, 25 de maio de 2012

Pero que ben sabe a macela

Hoxe os nenos e nenas da aula de 3 anos estivemos falando sobre os distintos usos e funcións da flores.
Despois de moito pensar e moito falar chegamos á conclusión de que as flores serven para adornar, para ulilas, para regalar (a Xiana que estaba de aniversario), para facer colonias, para facer o mel e tamén para curar as persoas cando están enfermiñas. E mirade por onde hoxe doíanos un montón a barriga a todos e decidimos preparar unha macela.
Primeiro presentamos todos os ingredientes e obxectos que nos facían falla, logo a profe foi quentar auga, despois botamos a macela nas teteiras e fixemos un pouquiño de tempo para que estivese lista. Cando xa tiña cor amarela tomámola........PERO QUE BOA ESTABA.
O problema foi que a mañá se nos pasou rapidísimo e non nos dou tempo de rematar a lámina que a profe preparara sobre a macela así que xa temos traballo para o luns (esperemos que non se nos esqueza todo esta fin de semana).


xoves, 24 de maio de 2012

A nosa plantación

Nesta presentación podedes ver como foi a nosa plantación de fabas, chícharos e lentellas.
E nestrouta podedes ver como plantamos a herba de gato.

mércores, 23 de maio de 2012

Como nos gustan as cereixas

O martes Zaira trouxo unha cesta chea de cereixas para compartir con nós. Nós comémolas gustosos pero soubéronnos a pouco así que decidimos que o mellor era que tivésemos unha cereixeira na nosa casa.
E como podemos conseguir unha cereixeira? Pois despois de moito e moito pensar e de mirar algunhas fotos que nos puxo a profe no ordenador chegamos á conclusión de que necesitabamos unha semente.
E cal é a semente da cereixeira? Pois resulta que a mellor forma de termos unha cereixeira é plantando "iso duro" que hai no seu interior. Pero que sorte tivemos xa que agora tiñamos un montón de sementes enriba da nosa mesa de traballo, así que puxémonos a traballar e plantamos unhas 40 cereixeiras. Agora só queda esperar pacientemente para vermos se algunha xermina.

Visita da mamá de Jose

Visita de Patri
Hoxe visitounos a mama de Jose (Patri) e ensinounos a plantar tomates e pementos.
Cando chegou a mamá de Jose estabamos esperando por ela xa na alfombra falando do que iamos facer así que puxémonos mans á obra. Primeiro Jose repartiunos unhas pegatinas de pementos e tomates e fomos correndo a pintalas, despois de pintalas pegámolas nunhas macetas que tamen nos trouxo Patri, máis tarde Jose repartiunos unhas pegatinas co noso nome para pegarllas á maceta e non equivocarnos logo.
Unha vez feito todo isto saimos ao patio a plantar os tomates e pementos. En primeiro lugar sentamos facendo un círculo (ou algo así), logo por grupos fomos botándolle terra á maceta, despois plantamos os tomates ou pementos e preparamos ben a terra.
Cando xa estaba feito todo o traballo fixemos unha foto todos xuntos coa nosa nova "planta" (que bo traballo nos costou) e volvemos a dentro do colexio para regala.
Aquí tedes algunhas fotos do ben que o pasamos.
Moitas grazas Patri por acompañarnos nesta actividade e por compartir o teu tempo connosco.

Colorear as flores

Aquí vos deixamos unha páxina para colorear unha flor. Podedes facer todas as combinacións que queirades e despois imprimilas.

 


Preme aquí para acceder

martes, 22 de maio de 2012

Mirasoles

Os nenos e nenas de 3 anos estivemos estudando os mirasoles.
O primeiro que fixemos foi ver algunhas fotos de xirasoles e logo un vídeo de como medran.



O seguinte día estivemos falando sobre eles, como eran, de que cor, cantos pétalos tiñan, que terían no seu interior... e despois de descubrirmos que tiñan nada máis e nada menos que pipas (vaia sorpresa), máis tarde estivemos buscando cadros de mirasoles.


Entonces descubrimos un cadro moi famoso Sunflowers de Van Gogh e empezamos a falar do que había no cadro, cantos mirasois había, como estaban, de que cores eran...







E despois de ver uns vídeo sobre Van Gogh e outros cadros seus  intentamos debuxalos nós. Como debuxar o cadro nos resultaba un pouco difícil optamos por colorealo e intentar facer nós algún mirasol con algunha técnica pictórica.
Aquí tedes o resultado.



Ademais tamén aproveitamos para aprender unha adiviña sobre os mirasois:
Cal é a planta
que xira e xira
buscando o sol?

luns, 21 de maio de 2012

Protagonista

Esta semana o noso protagonista é........... JOSE

domingo, 20 de maio de 2012

Chegou a Primavera

Aquí vos deixo unha presentación da Primavera que compartiu no seu blog o CEE de Ferrol.

Conto da primavera

Aquí podedes ver uns contos sobre a Primavera que xa levamos algún tempo traballando na clase.

 


Benvida


venres, 18 de maio de 2012

Xogos con flores

Na seguinte ligazón podedes atopar diversos xogos con flores e plantas. Na clase xa xogamos algunha vez e aos nenos/as gústalles moito.

Como chega o mel ata nós?

O día 16 de maio visitounos unha apicultora para explicarnos como chegaba o mel ata as nosas casas. Como sabía que eramos aínda un pouco pequenos tróuxonos algúns dos obxectos, roupa e instrumentos cos que eles traballan (un colmea, un afumador, o seu traxe...) e despois de deixarnos vestir o seu gorro e explicarnos o proceso, agasallounos cun tarro de mel e unha goma de borrar.

Xogo de abellas

Con estas simpáticas abellas podes aprender a contar:

 

Preme aquí para xogar


xoves, 17 de maio de 2012

Visita da familia de Ari

A semana que Ariadna foi a nosa encargada veunos visitar a súa mamá e pasámolo de maravilla. A mamá de Ari (que aínda que non é florista, paréceo) ensinounos a facer macetas de flores. Primeiro regalounos un maceta que era un pouco marrón e non nos gusta moito esa cor así que decidimos pintala; logo de pintala cubrímola de papel e metémoslle dentro unha espumiña verde para cravar as flores (aínda que descubrimos que esa espuma podiamos usala para moitas máis cousas, como facer anaquiños e lixar a clase, tirárnola uns aos outros, facer buracos nela...). Cando o traballo duro estaba feito empezamos co divertido; a mamá de Ari tróuxonos unha caixa repleta de flores (siempreviva, margaridas, lilios...) de moitas cores e empezamos a colocalas ao noso xeito nas nosas macetas de cores. Quedáronnos preciosas, preciosas (senón preguntádelle aos nosos papás, mamás, avós...) e pasámolo fantasticamente ben. O peor foi cando tivemos que recoller e limpar a clase, pero menos mal que tivemos axuda. Para despedila démoslle moitos bicos e apertas, e tamén as grazas pola súa inesquecible visita. A mamá de Ari díxonos que o pasara moi ben con nós na nosa clase, pero estamos seguros de que nós o pasamos moito mellor con ela. Moitísimas grazas por vir compartir esta experiencia connosco, a pesar das dificultades que atopamos pola camiño.

Visita da familia de Rosalía

A semana que Rosalía foi a nosa protagonista viñéronnos visitar súa avoa, súa nai e súa curmá. Ese día fixemos un montón de cousas: primeiro contáronnos un conto a través dun conto, logo contáronnos un conto cunha marioneta máxica, despois cantáronnos cancións, logo a mamá de Rosalía ensinounos como latía o noso corazón, a súa avoa ensinounos algúns títeres feitos con material de refugallo e moitas cousas máis, incluso tivemos tempo para colorear as personaxes de algún dos contos que compartiron con nós. Moitas grazas familia por compartir o voso tempo connosco, foi todo un pracer tervos na nosa aula, e aprendemos un montón.

Cancións

Aquí podedes ver algunhas das cancións e audicións que estamos traballando con este proxecto.


 


Vídeos

A profe ensinounos no ordenador como algún dos nosos personaxes de debuxos preferidos tamén saben moito sobre as plantas e as sementes.
Esperamos que vos gusten estes vídeos.

 







Como aprendemos a ler e a escribir

Cómo Aprendemos A Leer Y EscribirSendo conscientes de que este é un tema que preocupa moito a papás e mamás dende que o neno/a é ben pequeniño, deixámosvos a seguinte presentación para que vos sirva de orientación.

View more PowerPoint from Unaflor

martes, 15 de maio de 2012

Dereitos dos nenos e nenas

Máis que dereitos eu diría necesidades, pero aquí vos deixo unhas reflexións moi interesantes de Gianfranco Zavalloni.

DEREITOS NATURAIS DAS NENAS E DOS NENOS.


Dereito ao lecer. A vivir momentos non programados polos adultos.
Dereito a lixarse. A xogar con area, terra, herba, follas, auga, ramas e pedras.
Dereito aos olores. A percibir o olor e a recoñecer os perfumes da natureza.
Dereito ao diálogo. A escoitar e a tomar a palabra, a dialogar.
Dereito a usar as mans. A cravar cravos, a serrar, a pegar, a modelar a arxila, a atar cordas, a encender un lume.
Dereito a un bo comezo. A comer comida sa dende o nacemento, a beber auga limpa e a respirar aire puro.
Dereito á rúa. A xogar libremente nas prazas, a andar pola rúa.
Dereito ao salvax
e. A construír un refuxio no que xogar no bosque, a ter canaverais nos que esconderse, árbores ás que trepar.

Dereito ao silencio. A oír o vento que sopra, o canto dos paxaros, o decorrer da auga.
Dereito aos matices. A ver saír e porse o sol, a ver de noite a lúa e as estrelas.

Gianfranco Zavalloni

Como se alimentan as plantas

Canto máis pequeniños somos máis nos gusta experimentar, máis nos gusta descubrir as cousas por nós mesmos, máis nos gusta tocar, manipular... e como a nosa mestra xa o sabe dedicamos moito tempo a facer experimentos. Aquí podedes ver un experimento co que nós descubrimos como se alimentan as flores e por onde. Ademais, en breve ímosvos ensinar como de bonitos quedaron os caraveis que nós coloreamos (iso si, nós coloreamos con colorante alimentario).

Como nacen as plantas

Os nenos e nenas de 3 anos estamos estudiando as flores; e despois de moito plantar e moito observar descubrimos como medran as plantas, que é o que necesitan para vivir e cales son as súas partes.
Aquí vos deixamos un vídeo no que podedes ver todo o que xa aprendemos.

Visita da familia de Iker

Visita de María Dolores e ÓscarA semana que Iker foi o noso encargado agasalláronnos coa súa visita os seus papás.A mamá de Iker é soldado profesional e quixo ensinarnos como era o seu adestramento para ser tan boa no seu traballo, así que preparounos un circuíto para estar en forma. Pasámolo tan ben que mesmo repetimos.Logo do exercicio físico ensinounos os aparellos que eles usaban cando ían de maniobras e como nos gustou tanto e somos tan curiosos ata lle fixemos encender o lume (fóra do colexio claro).Xa rematadas as maniobras fomos en paso de marcha para a clase e recuperamos as enerxías desgastadas cun biscoito de noces riquísimo que nos prepararan na súa casa.Moitísimas grazas pola vosa visita, foi unha experiencia inesquecible.
View more presentations from Silvia López.

Creador de flores

Nesta ligazón os nenos e nenas poden crear as súas propias flores. É moi sinxela e seguro que lles encanta.
Clica sobre a imaxe para acceder á páxina.

Visita da familia de Pablo

Visita de Begoña e Juán CarlosHai uns semanas Pablo foi o noso encargado e os seus pais agasalláronnos coa súa visita. Ademais fixeron connosco unha actividade que nos encantou, nada máis e nada menos que unha flor feita con oveiras. Foi moi difícil pero como nos botaron unha man e tiñamos tres mestres en vez de un rematamos moi moi rápido (os papás de Pablo quedaron sorprendidos do ben e rápido que traballamos).Moitísimas grazas pola vosa visita.  Foi un pracer tervos con nós.


View more presentations from Silvia López.

Floración das rosas

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...