martes, 15 de maio de 2012

Dereitos dos nenos e nenas

Máis que dereitos eu diría necesidades, pero aquí vos deixo unhas reflexións moi interesantes de Gianfranco Zavalloni.

DEREITOS NATURAIS DAS NENAS E DOS NENOS.


Dereito ao lecer. A vivir momentos non programados polos adultos.
Dereito a lixarse. A xogar con area, terra, herba, follas, auga, ramas e pedras.
Dereito aos olores. A percibir o olor e a recoñecer os perfumes da natureza.
Dereito ao diálogo. A escoitar e a tomar a palabra, a dialogar.
Dereito a usar as mans. A cravar cravos, a serrar, a pegar, a modelar a arxila, a atar cordas, a encender un lume.
Dereito a un bo comezo. A comer comida sa dende o nacemento, a beber auga limpa e a respirar aire puro.
Dereito á rúa. A xogar libremente nas prazas, a andar pola rúa.
Dereito ao salvax
e. A construír un refuxio no que xogar no bosque, a ter canaverais nos que esconderse, árbores ás que trepar.

Dereito ao silencio. A oír o vento que sopra, o canto dos paxaros, o decorrer da auga.
Dereito aos matices. A ver saír e porse o sol, a ver de noite a lúa e as estrelas.

Gianfranco Zavalloni

Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...