mércores, 23 de maio de 2012

Como nos gustan as cereixas

O martes Zaira trouxo unha cesta chea de cereixas para compartir con nós. Nós comémolas gustosos pero soubéronnos a pouco así que decidimos que o mellor era que tivésemos unha cereixeira na nosa casa.
E como podemos conseguir unha cereixeira? Pois despois de moito e moito pensar e de mirar algunhas fotos que nos puxo a profe no ordenador chegamos á conclusión de que necesitabamos unha semente.
E cal é a semente da cereixeira? Pois resulta que a mellor forma de termos unha cereixeira é plantando "iso duro" que hai no seu interior. Pero que sorte tivemos xa que agora tiñamos un montón de sementes enriba da nosa mesa de traballo, así que puxémonos a traballar e plantamos unhas 40 cereixeiras. Agora só queda esperar pacientemente para vermos se algunha xermina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...