Foi un regalo que nos fixeron os nenos e nenas de 5 anos do colexio de Marcón; eles mandáronnolo con moito cariño porque lle teñen moito aprecio á nosa profe e a nós tamén (porque a profe lles fala moito de nós), pero cometeron un fallo moi grande... non nos enviaron unha nota dicíndonos o que era, nin que comía, nin onde vivía... así que agora tócanos traballar.
Que vos parece que será? Nós estivemos pensando e pensando e non descubrimos que era. Sabemos que non é unha bolboreta, nin unha formiga, nin unha mosca, nin un mosquito, nin unha abella... pero non sabemos que é. Así que decidimos pedirlle axuda aos que máis saben destas cousas: os nosos papás, mamás, avoas... E esperamos a súa resposta para mañá porque senón nos parece que vai morrer de fame porque tampouco sabemos que come.
O caso é que empezamos a falar dos insectos que coñecíamos e recordamos o que nos explicou a apicultora o día da charla no colexio e estivemos investigando máis sobre a polinización. Aquí vos deixamos algúns vídeos e fotos que nos gustaron moito:
Empezamos por ver un documental do mundo dos animais de Disney.
Aquí está a primeira parte:
E aquí tedes a segunda parte:
Logo descubrimos que non só as abellas realizan a polinización:
Pero o máis fermoso de todos sen dúbida é este:
A profe tamén nos ensinou unha selección de fotos escollidas por ela en Internet.
Ademais achegámosvos un xogo no que os nenos/as teñen que polinizar as flores da mesma cor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario