Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
xoves, 17 de maio de 2012
Visita da familia de Ari
A semana que Ariadna foi a nosa encargada veunos visitar a súa mamá e pasámolo de maravilla. A mamá de Ari (que aínda que non é florista, paréceo) ensinounos a facer macetas de flores.
Primeiro regalounos un maceta que era un pouco marrón e non nos gusta moito esa cor así que decidimos pintala; logo de pintala cubrímola de papel e metémoslle dentro unha espumiña verde para cravar as flores (aínda que descubrimos que esa espuma podiamos usala para moitas máis cousas, como facer anaquiños e lixar a clase, tirárnola uns aos outros, facer buracos nela...).
Cando o traballo duro estaba feito empezamos co divertido; a mamá de Ari tróuxonos unha caixa repleta de flores (siempreviva, margaridas, lilios...) de moitas cores e empezamos a colocalas ao noso xeito nas nosas macetas de cores.
Quedáronnos preciosas, preciosas (senón preguntádelle aos nosos papás, mamás, avós...) e pasámolo fantasticamente ben.
O peor foi cando tivemos que recoller e limpar a clase, pero menos mal que tivemos axuda.
Para despedila démoslle moitos bicos e apertas, e tamén as grazas pola súa inesquecible visita.
A mamá de Ari díxonos que o pasara moi ben con nós na nosa clase, pero estamos seguros de que nós o pasamos moito mellor con ela.
Moitísimas grazas por vir compartir esta experiencia connosco, a pesar das dificultades que atopamos pola camiño.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario