venres, 25 de maio de 2012

Pero que ben sabe a macela

Hoxe os nenos e nenas da aula de 3 anos estivemos falando sobre os distintos usos e funcións da flores.
Despois de moito pensar e moito falar chegamos á conclusión de que as flores serven para adornar, para ulilas, para regalar (a Xiana que estaba de aniversario), para facer colonias, para facer o mel e tamén para curar as persoas cando están enfermiñas. E mirade por onde hoxe doíanos un montón a barriga a todos e decidimos preparar unha macela.
Primeiro presentamos todos os ingredientes e obxectos que nos facían falla, logo a profe foi quentar auga, despois botamos a macela nas teteiras e fixemos un pouquiño de tempo para que estivese lista. Cando xa tiña cor amarela tomámola........PERO QUE BOA ESTABA.
O problema foi que a mañá se nos pasou rapidísimo e non nos dou tempo de rematar a lámina que a profe preparara sobre a macela así que xa temos traballo para o luns (esperemos que non se nos esqueza todo esta fin de semana).


Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...