venres, 3 de outubro de 2025

Facemos zume de laranxa





 Este curso seguimos coa  elaboración das merendas no cole, por parte do alumnado de Educación Infantil, que se encarga non só da súa elaboración senón tamén de facer o pedido e chamar á tenda para que Rebeca nolo traia. 

Así da gusto!

😜😜😜

Mirade no enlace que xeito teñen exprimindo o zume de laranxa.

https://www.instagram.com/share/reel/BAPcsGPQx5

Pintamos con acuarelas

 Como xa sabedes, os cativos e cativas de tres e catro anos, TEMOS MOITO CONTO!

 A partir do conto de Eric Carle "El artista que pintó un caballo azul" aproximamos ao alumnado á obra do pintor Franz Marc, que como dí Icía:  "chámase igual que o  meu pai, pero se escribe diferente". 



É ao mesmo tempo serviunos de fío conductor para introducir o centro de interese do noso primeiro proxecto "Os animais" enmarcado na temática conxunta de centro: "Ponte coa arte".

Os cativos e cativas experimentaron coas acuarelas para pintar o seu cabaliño, tomando como modelo o do pintor.



Botade unha ollada no enlace, a ver que vos parece?

https://www.instagram.com/share/reel/BAOHqXis2O

3, 2, 1 ... Comezamos!

 Inauguramos o novo curso escolar 2025-26 inmersos na temática do proyecto anual: "Ponte coa arte".

A nosa mestra Marina recibunos disfrazada da artista xaponesa Yayoi Kusama.



Non quixemos perder a oportunidade de facernos unha foto grupal no Photocall da entrada. Aínda que faltaban os novos/as compañeiros/as de 3 anos, que por mor do período de adaptación, aínda non chegaran.



Estes primeiros días coñecemos aos novos compañeiros/as, ensinámoslles o cole, a aula e os nosos xoguetes.

Por suposto xogamos moito xuntos...










Comezamos a investigar cousiñas sobre esa artista xaponesa, Yayoi Kusama, e ata quixemos pintar coma ela...

Botade unha ollada ao enlace!

 

https://www.instagram.com/share/reel/BAMeHv_WZp









 

luns, 16 de xuño de 2025

Tiago protagonista

 Tiago é o protagonista da semana. Hoxe viñeron pasar un ratiño connosco os seus pais, Emilio e Bea.

Na casa Emilio fabricou dous taladros antigos manuais  e ensinounos como funcionaban.

 




De agasallo, Emilio,  coa axuda de Tiago fixo uns colares de cunchas 
para nós.
Mirade que bonitos e que guapos e guapas estabamos...

Con Bea fixemos un obradoiro de decoración de camisetas. 













E, como vedes, quedáronnos unhas camisetas personalizadas chulísimas.
Moitísimas grazas familia por vir, pasámolo en grande!!
💚💚💚💚💚💚💚💚💚

venres, 6 de xuño de 2025

Nieves protagonista

Esta semana Nieves foi a protagonista da clase de 3 anos. Hoxe convidamos a Marta, a súa nai, a vir ao cole a pasar un ratiño connosco, contounos moitas cousas de Nieves e ensinounos a facer un experimento máxico, "A pementa que fuxe". Para a realización do experimento precisamos: Auga, xabón e pementa.
 A pementa neste experimento representa os xermes nas superficies do noso ao redor. Cando nos lavamos as mans, logramos que os xermes se afasten como a pementa do xabón.
Foi moi divertido!! 
 Botade unha ollada...
👀     👀     👀   👀

MARTA, MOITÍSIMAS GRAZAS !!
💜💜💜💜💜💜💜

venres, 9 de maio de 2025

Luna protagonista

Luna foi o protagonista da semana. Polo que o venres convidamos ao seu pai, Juan, que é ilustrador e nos contou varios contos. Pasámolo en grande! Botade unha ollada!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...