Amosando publicacións coa etiqueta Animais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Animais. Amosar todas as publicacións

xoves, 10 de xaneiro de 2013

O polo Pepe

Hoxe Zaira tróuxonos o conto do Polo Pepe, a verdade é que xa o lemos moitísimas veces pero séguenos encantando; aquí vos deixamos a canción para que cantedes con nós.




E tamén vos deixamos unha presentación do conto para poder lelo na casa.



Presentación pollo pepe from kelablanco

E unha copia da canción que nos mandou a mamá de Zaira.


xoves, 14 de xuño de 2012

Libro das mascotas

Aquí podedes ver o noso libro das mascotas.
Na elaboración deste pequeno libro participaron os papás e mamás dos nenos e nenas da nosa aula que nos abriron as portas da súa casa para ensinarnos esas mascotas ás que tanto queren e coidan as nenas e nenos da clase de 3 anos.
Moitas grazas familia pola vosa participación neste proxecto, sen vós nos sería posible facer esta clase de actividades.

xoves, 7 de xuño de 2012

Visita dos papás de Ánxela


Xa hai algún tempo os papás de Ánxela tamén nos viñeron visitar para ensinarnos cousas moi interesantes. Así a súa primeira visita foi para presentarnos a alguén moi importante para Ánxela, o seu can Pimpón (que por certo se portou moi ben e nos deixou que o tocásemos en varias ocasións).
A outra vez que nos visitaron foi para lernos uns contos moi bonitos de fadas que lle encantan a Ánxela. Nesta ocasión ler ler só leu a súa mamá (parécenos que aos papás os intimidamos un pouco máis que ás mamás) pero o seu papá estivo moi atento a todos nós en todo momento.
Para despedilos démoslles as grazas e un montón de bicos (sobre todo á súa mamá por suposto).
Moitas grazas familia por compartir o voso día libre connosco.



domingo, 3 de xuño de 2012

Libro dos animais

Aquí vos deixamos as fotos do libro dos animais que fixemos no noso anterior proxecto. Esperamos que vos guste.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...