Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiros. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de novembro de 2019

Obradoiro de froitas

O VENRES PASADO FIXEMOS NA CLASE DE 4 ANOS BROCHETAS DE FROITAS.
VIÑERON MOITAS NAIS E PAIS A AXUDARNOS A PELAR E A CORTAR AS FROITAS.


PELARON E CORTARON  CAQUIS,  UVAS,  KIWIS E MAZÁS PARA PINCHAR.
HOUBO MOITOS QUE POLO CAMIÑO PUXÉMONOS AS BOTAS.
COMEMOS FROITA ATA FARTAR.
DECORAMOS CON UN POUCO CHOCOLATE ALGUNAS BROCHETAS.


GÚSTANOS MOITO QUE VEÑADES AO COLE CON NÓS.

GRACIÑAS A TODAS AS FAMILIAS POR VIR.

mércores, 13 de novembro de 2019

EFECTO PO2

O venres pasado viñeron dúas rapazas do Concello a facer unha actividade para concienciar ao alumnado do  cambio climático.

Lorena e Sandra contáronlle aos nenos e nenas o conto "A miña cidade" de Eva Mejuto e conversaron cos cativos e cativas sobre como sería a súa cidade ideal. 
Despois en teas cen por cen orgánicas debuxaron as cousas que lle gustaría que saíran dun tubo de escape en lugar de fume.
O día 27 de novembro no parque das Palmeras en Pontevedra vanse expoñer os traballos e leerase un manifesto coas ideas e aportacións dos nenos e nenas de todos os colexios participantes.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...