Amosando publicacións coa etiqueta Manualidades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Manualidades. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de marzo de 2020

O BOTE DA CALMA


BOS DÍAS AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!!
GUSTOUVOS O CONTO DO MONSTRO DE CORES??
É CHULÍSIMO!!
HOXE ÁS MESTRAS OCURRÉUSENOS QUE PODÍAMOS FACER UN BOTE DA CALMA QUE NOS AXUDE A RELAXARNOS CANDO ESTEMOS UN POUCO CANSOS DE ESTAR NA CASIÑA ESTOS DÍAS.

NECESITAMOS:
- UN BOTE DE CRISTAL OU DE PLÁSTICO.
- AUGA TEMPLADA.
- PEGAMENTO GLITTER OU ACEITE CORPORAL DE BEBÉ.
- PURPURINA DE CORES, BOTÓNS, CLIPS, ARROZ, ... CALQUER OBXECTO PEQUENIÑO QUE NOS GUSTE. 
- COLORANTE ALIMENTICIO (SE QUEREDES QUE A AUGA QUEDE DE CORES). 

COMO O FACEMOS? 
É MOI FÁCIL!!!

- BOTAMOS AUGA TEMPLADA NO BOTE, MELLOR SE É DE PLÁSTICO PARA QUE PODAMOS MANIPULALO CON TRANQUILIDADE. 

- ENGADIMOS DÚAS CUCHARADAS DE PEGAMENTO GLITTER OU ACEITE CORPORAL DE BEBÉ  E MEZCLÁMOLO BEN. 

- ENGADIMOS 2 OU 3 CUCHARADIÑAS DE PURPURINA, OU DE CALQUER COUSIÑA QUE QUERADES METER DENTRO DO BOTE PARA DECORALO. 

- POR ÚLTIMO, SE QUEREDES QUE SEXA DALGUNHA COR, PODEDES ENGADIR COLORANTE ALIMENTICIO. NON É NECESARIO, QUEDA IGUAL DE CHULO SEN EL. 

- MESTURAMOS BEN TODO... 



E LISTO!!! XA TEMOS O NOSO BOTE MÁXICO QUE NOS AXUDARÁ A RELAXARNOS CANDO SEXA NECESARIO!


O TRUCO ESTÁ EN AXITALO MOI MOI FORTE, E OBSERVAR COMO A PURPURINA E OS OBXECTOS SE MESTURAN, COMO LLE PASA AO MONSTRO COAS SÚAS EMOCIÓNS. 

POÑÉDEVOS MANS Á OBRA E ENVIÁDENOS OS VOSOS BOTES AO CORREO DAS PROFES!!

BOA FIN DE SEMANA FAMILIAS!! MOITO ÁNIMO!!



Comezan a chegar os vosos traballiños!!




















sábado, 21 de outubro de 2017

Manualidade en grupo


Traballamos de xeito colaborativo nos nosos gorros de bufón.

xoves, 11 de decembro de 2014

Manualidades de Nadal

Aquí podedes ver algunhas das cousiñas de Nadal que fixemos na clase cos nosos compañeiros/as e na cas coa nosa familia.

sábado, 9 de xuño de 2012

Mercadillo

Entre os días 7 e 8 de xuño celebramos o noso mercadillo de flores no colexio.
A verdade é que foi todo un éxito (non ten nada que ver que viñesen os nosos papás) e vendemos todas as flores e centros de flores rapidísimo.
Agora que xa traballamos para preparar as flores, preparar os centros, facer o mural... só nos queda contar os cartos e gozar deles cunha gran festa nos últimos días de colexio.
 Porque como xa sabedes que o curso está chegando ao seu fin e o próximo ano xa ímos ser nenos e nenas de catro anos e non imos ser os pequenos do colexio.




venres, 8 de xuño de 2012

Visita da Mamá de Javier López

Hoxe visitounos Marta, a mamá de Javier López, e estívonos ensinando a facer un broche de fieltro para as nosas mamás.
Hoxe viñamos con moitas ganas de traballar e non a deixamos nen tan sequera falar e dicirnos como se chamaba nin cal era o seu traballo; en canto chegou sentámola nunha das nosas cadeiras e puxémola a traballar porque intuíamos que ía ser unha tarefa difícil, desas que so fan os nenos e nenas de catro anos, ou os que están a piques de cumprir anos. A verdade é que nos custaba un pouco realizar a tarefa, menos mal que ela nos axudou porque: primeiro tiñamos que recortar dúas flores e un círculo de tea de fieltro (e era a primeira vez que cortabamos tea) e logo pórlle un botón e coser con agulla e fío (e como nós non somos quen de usar a agulla, coseu ela todos os agasallos para as nosas mamás e papás). Pero iso si, estivemos moi atentos para facelo nós a próxima vez.
Despois para despedila démoslle tantos bicos e abrazos que ata a tiramos ao chan nun par de ocasións; é que somos demasiado cariñosos.
Pasámolo moi ben e aprendemos a facer algunhas cousas que aínda non sabiamos.
 Moitas grazas Marta polas túas dúas visitas e volve cando queiras máis achuchóns.


martes, 5 de xuño de 2012

Mercadillo de flores

Nos próximos días imos facer o mercadillo de flores con material de refugallo.
Aquí vos deixamos as fotos de algunhas das flores e centros de flores que imos vender para que vaïades vendo canto nos esforzamos e canto traballamos.
Esperamos que vos gusten.


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...