Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro. Amosar todas as publicacións

domingo, 8 de maio de 2016

Visita á biblioteca

O martes día 3 de maio fomos de excursión á Bibliote de Arcade. Non é a primeira vez que imos, nin será a última, pero como se o fose, encantounos ir, gustounos moito gozar de tantos contos, do contacontos que nos fixeron, gustounos o paseiño ata Arcade co bo día que fixo e, por suposto, tamén nos gustou merendar en Talo Río e facer o recreo dese día no parque.

sábado, 23 de abril de 2016

Recomendacións lectura

Aquí vos deixamos o tríptico que entregamos con motivo do Día do Libro con unhas recomendacións de lectura para infantil.

Feliz día do libro

Preme na imaxe superior para escoitar a canción de Mamá Cabra sobre os libros e a lectura.

Premede na seguinte imaxe para obterdes máis información da conmemoración do día do libro.

http://www.diadellibro.eu/

E que mellor forma de celebrar o Día do libro que lendo/vendo un conto. "El increible niño comelibros".





E como non, máis cancións neste caso de Migallas e Cantamos contigo sobre os contos e todo o que aprendemos deles.




 


venres, 22 de abril de 2016

Don Quijote de la Mancha

Hoxe estivemos vendo no colexio algúns capítulos de "Don Quijote de la Mancha" (o I, o VI e o VIII).







xoves, 30 de abril de 2015

Día do libro

O pasado 23 de abril festexamos o Día do libro no colexio con varias actividades, unha deles foi a elaboración duns marcapáxinas (un para nós e outro para os nosos pais) que xa chegaron ás nosas casas e outra foi un apadriñamento lector cos nenos/as do colexio.
A verdade é que foi unha experiencia distinta que nos gustou moito xa que nesta ocasión non só nos viñeron ler os maiores, senón que nós tamén lle lemos a eles o conto que escolleramos previamente na biblioteca do centro.


martes, 6 de maio de 2014

Visita á biblioteca de Arcade

Con motivo do día de libro os nenos/as de educación visitamos a bibliteca de Arcade.
Xa non é a primeira vez que imos pero seguenos gustando moito ir xa que ademais de gozar moito lendo os libros que alí hai, de facermos o carnet da biblioteca, de aprender cousiñas de como funcionan as bibliotecas municipais... tamén damos un bonito paseo ata chegar a ela en compañía dos nosos compañeiros/as e das profes.

...

xoves, 24 de abril de 2014

A princesa e o príncipe

Con motivo do Día do Libro e entre outras moitas actividades estivemos elaborando un conto en grupo. Aquí tedes o resultado.
Agardamos que vos guste, xa que nos dou moito traballo realizalo.

martes, 23 de abril de 2013

Felíz día do libro

Preme na imaxe para escoitar a canción de Mamá Cabra sobre os libros e a lectura.


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...