Amosando publicacións coa etiqueta Grilo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Grilo. Amosar todas as publicacións

xoves, 31 de maio de 2012

Grilo

Xa sabemos que é o bichiño que nos regalaron. Nada máis e nada menos que un grilo, e ademais é un grilo macho, que chulo.
A verdade é que os nosos papás son moi listos e todos nos dixeron que era un grilo, pero non só iso, senón que ademais se acordaron de traerlle comidiña da que a el lle gusta (que a profe se esquecera) e trouxéronnos dous amigos cos que podía xogar, que ademais son todos machos e como hoxe estivemos moi caladiños cantaron un montón.
Tan listos son os nosos papás e amigos que ata nos explicaron como se cazaban os grilos e como eles cazaban grilos de pequenos, un día imos ter que ir nós.
Logo de falar nós un montón sobre os grilos, a profe estívonos ensinando algunhas cousas dos grilos que nos gustaron moito. Aquí tedes:

 O canto dun grilo.



Unha canción dun grilo que non é moi bonita pero aos nenos/as gustoulles.



 Un documental sobre os grilos.



E, por suposto a canción do grilo máis famoso "Pepito grillo".



 Aquí podedes ver algunhas fotos do primeiro día do grilo con nós (do noso primeiro grilo claro porque agora xa temos catro e todos machos) e máis de como fixemos a nota que vos levamos para a casa solicitando información.

mércores, 30 de maio de 2012

Que será será??

Mirade que bicho tiñamos hoxe na clase cando chegamos:
Foi un regalo que nos fixeron os nenos e nenas de 5 anos do colexio de Marcón; eles mandáronnolo con moito cariño porque lle teñen moito aprecio á nosa profe e a nós tamén (porque a profe lles fala moito de nós), pero cometeron un fallo moi grande... non nos enviaron unha nota dicíndonos o que era, nin que comía, nin onde vivía... así que agora tócanos traballar.

Que vos parece que será? Nós estivemos pensando e pensando e non descubrimos que era. Sabemos que non é unha bolboreta, nin unha formiga, nin unha mosca, nin un mosquito, nin unha abella... pero non sabemos que é. Así que decidimos pedirlle axuda aos que máis saben destas cousas: os nosos papás, mamás, avoas... E esperamos a súa resposta para mañá porque senón nos parece que vai morrer de fame porque tampouco sabemos que come.
 O caso é que empezamos a falar dos insectos que coñecíamos e recordamos o que nos explicou a apicultora o día da charla no colexio e estivemos investigando máis sobre a polinización. Aquí vos deixamos algúns vídeos e fotos que nos gustaron moito:

 Empezamos por ver un documental do mundo dos animais de Disney.
 Aquí está a primeira parte:



 E aquí tedes a segunda parte:



 Logo descubrimos que non só as abellas realizan a polinización:



 Pero o máis fermoso de todos sen dúbida é este:

 

A profe tamén nos ensinou unha selección de fotos escollidas por ela en Internet.

Ademais achegámosvos un xogo no que os nenos/as teñen que polinizar as flores da mesma cor.




LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...