Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións

xoves, 31 de outubro de 2019

A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN NO COLEXIO

PASÁMOLO DE MEDO NA FESTA DE SAMAÍN.
VIMOS AO COLEXIO CUNS TRAXES QUE METÍAN MEDO. VAMPIROS, BRUXAS, ESQUELETES, MOMIAS, …
 MIRADE QUE MONSTROS TERRORÍFICOS, NON HAI QUEN POIDA CON ELES.
A QUE METE MEDO?

QUE BEN SE PORTARON OS MAIORES CON NÓS NOS OBRADOIROS...
 A PROFE MARINA CONTOU UNS CONTOS TERRORÍFICOS.
QUEN DIXO MEDO!
 GUSTOUNOS MOITO COMO MUDÓU O XIMNASIO E PASAR POLO TÚNEL OS QUE QUIXEMOS.
XA PASAREMOS POLO TÚNEL O ANO QUE VEN!

PASÁMOLO EN GRANDE!
SANDÍA, SANDÍA, SANDÍA. VÉMONOS EN CINCO DÍAS.
SAÍMOS NA PRENSA,. PREME ESTE TEXTO PARA VELO.
https://bibliopinco.blogspot.com/2019/11/samain.html

domingo, 8 de maio de 2016

Visita á biblioteca

O martes día 3 de maio fomos de excursión á Bibliote de Arcade. Non é a primeira vez que imos, nin será a última, pero como se o fose, encantounos ir, gustounos moito gozar de tantos contos, do contacontos que nos fixeron, gustounos o paseiño ata Arcade co bo día que fixo e, por suposto, tamén nos gustou merendar en Talo Río e facer o recreo dese día no parque.

martes, 17 de novembro de 2015

Visita á biblioteca

Hai uns días fomos visitar a biblioteca do piso superior e alí agardábanos o noso amigo Pinco para axudarnos a escoller o préstamo de fin de seman. Aínda que algúns non lle fixemos moito caso e escollemos libros que non eran adecuados á nosa idade.
Esperemos facerlle máis caso a próxima vez, porque senón ao chegar á casa non somos quen de ler os libros de préstamos que collemos.
Premede na imaxe para ver máis fotos e acceder ao blog do Club de Pinco do noso colexio.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...