Amosando publicacións coa etiqueta Bolboreta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bolboreta. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de maio de 2016

Coñecendo as bolboretas

Esta semana estivemos traballando sobre as bolboretas e tivemos a sorte de poder tocar unha, iso si con moito coidado.
A bolboteta que observamos foi a Caligo Memnon ou bolboreta buho.


martes, 2 de xuño de 2015

A nosa experiencia con Colorines

Mirade que experiencia máis fantástica, foi un acontecemento único e especial que nos encantou (a nós e aos nosos papás e mamás).

luns, 1 de xuño de 2015

Xa temos bolboreta

Hoxe pola mañá cando chegamos ao colexio a profe díxonos que algo máxico ía suceder este día xa que a crisálida de colorines cambiara de cor e xa non era verde... e iso só pode significar unha cousa.

En breve colorines pasaría de estar dentro da crisálida a ser unha bolboreta moi moi fermosa.
E o mellor de todo, como ía tardar un pouquiño en poder voar, poderíamos vela aprender a moverse agora que tiña as e poderíamos tocala.



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...