Infantil 3 anos

Amosando publicacións coa etiqueta 4 anos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4 anos. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de marzo de 2023

Celebramos o Día de PI

 Esta semana os cativos e cativas de 4 anos, co gallo da celebración do Día de Pi, o 14 de marzo, levamos a cabo diferentes propostas didácticas a modo de xogo, tanto para traballar aspectos relacionados coa lóxica-matemática senón tamén coa lectoescritura...

O primeiro foi o xogo de PI ESTÁ AQUÍ, que consistía en buscar a Pi polo centro...


 O seguinte foi o de colorear un verme seguindo un código no que tiñabamos que asociar cada número cunha cor.

Noutro xogo tiñabamos que pensar entre tod@s palabras nas que comezaran por PI e escribilas para decorar o número Pi.




 E outro dos xogos consistía en construir a cidade de PI nun diagrama de barras.

 


Como vedes e nunca mellor dito, pasámolo Piiiiiiiiiipa!! 

 🤩🤩🤩🤩🤩



mércores, 8 de marzo de 2023

8 M!


 


 Hoxe para conmemorar o Día da Muller na asemblea falamos sobre o que queremos ser de maiores: bombeira, inventora, policía... así decatámonos que non hai profesións para nenos e nenas. 

Logo falamos da Muller máis importante da nosa vida e saíron: nais, avoas, tías...

Con moito agarimo fixemos unha fror para a muller máis importante da nosa vida...

 Feliz 8M!




 

 

 


venres, 17 de febreiro de 2023

Viva o entroido!!

 Logo de toda a semana seguindo as pincomandas, chegou o día grande e os cativos e cativas de infantil xunto coas súas mestras disfrazámonos de  ABELLAS grazas a axuda das familias na confección dos disfraces...

Mirade o ben que o pasamos na festa do entroido!!











 
Sen lugar a dúbidas o que máis nos gustou foi correr detrás do noso galo "Cantarico" para quitarlle as plumas...


Desfrutade moito das vacacións de entroido e recordade que o venres , temos o enterro da sardiña, así que vinde de loito!!


martes, 7 de febreiro de 2023

ANIVERSARIOS XANEIRO

 COMEZAMOS HAI NADA ESTE NOVO ANO

 E

 XA ESTAMOS CELEBRANDO OS ANIVERSARIOS DO MES DE XANEIRO.

  BENITO  E YAIZA

CUMPRIRON 4 ANOS 

QUE GRUPO MÁIS FEITIÑO!
 SOPLARON CON TODAS AS VELAS DAS TORTAS!!
🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂
CUMPRIRON 6 ANOS 
EMMA  E FERNANDO 
 MENUDOS FOLGOS QUE TIÑAN!!
🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂
CONTINUAMOS A FESTA PAPANDO AS TORTAS E OS GUSANITOS.
  QUE BEN NOS PORTAMOS!!
PARABÉNS PARA 
🎁🎁🎁BENITO, YAIZA, NINA, EMMA e FERNANDO🎁🎁🎁

🎁🎁🎁🎁🎁

BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODAS E TODOS

💙💓💚💕💜💖💛 💗

xoves, 26 de xaneiro de 2023

Unha visita moi especial

 Hoxe o avó de Carme e de Antón, que sabe moitísimo das abellas, trouxonos unha colmea antiga e explicounos que estaba feita co cortizo dunha sobreira.

Ay que ver canto sabe das abellas!!




 

Logo da charla, a nai de Carme pintounos os pés para facer unha abella.



 

Que marabilla!! 


 

Moitísimas grazas por vir!!

Pasámolo xenial e aprendemos moito!!

 


xoves, 19 de xaneiro de 2023

Visita de Chubi



Este trimestre estamos levando a cabo un proxecto sobre as abellas e hoxe visitounos Chubi, o pai de Antón, e contounos moitísimas cousas das abellas.




E mesmo vestímonos de apicultores e apicultoras...





 Mirade que guapos e guapas!! 

E ata probamos o mel de Rañadoiro e estaba boísimo😋😋😋


Moitísimas grazas por vir, quedamos encantados e aprendemos moitísimo!


Moitísimos bicos de mel para todos e todas😘😘😘


xoves, 22 de decembro de 2022

Unha visita moi especial

 Papá Noel pasou polo cole e deixounos un agasallo...

 Menuda sorpresa!!



 


venres, 25 de novembro de 2022

Parabéns Valeria!


O luns, Valeria, cumpliu 4 aniños...


 

E hoxe no cole celebrámolo conxuntamente todos os nenos e nenas de infantil, cun bizcoito e moita troula!


Entre todos e todas  fixémoslle un agasallo...

💜💜💜💙💙💙💙💙💚💚💚 

xoves, 17 de novembro de 2022

A nosa mascota de aula 🐢🐢

 Menuda sorpresa levamos os cativos e cativas de 4 anos ao chegar hoxe ao cole...

Na nosa clase había unha tartaruga!



Estivemos moi atarefados e atarefadas toda a mañá, buscándolle un nome...


 

Entre todos e todas decidimos chamala SAMI, gústavos?

Logo, os cativos e cativas de 5 anos viñeron prestarnos un libro máxico sobre as tartarugas que imos coidar moitísimo porque é do irmán de Enma.


 

Xa nos puxemos a investigar como se escribía tartaruga e fixemos un debuxo de Sami e tamén escribimos o seu nome.

Así que dentro do proxecto dos animais mariños que comezamos a traballar no primeiro trimestre agora tócalle o turno ás tartarugas...


 

Queridas familias queremos pedirvos axuda de xeito que se tedes por casa algo relacionado coas tartarugas nolo fagades chegar ao cole para seguir investigando e aprendendo, de seguro coa vosa axuda imos aprender moitísimo!!

Grazas de antemán pola vosa colaboración!

Bicos e apertas mariñas!!

😍😘😍😘😍

 


 



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...