Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de maio de 2020

DALLE Á LINGUA, FALA GALEGO!

BOAS AMIGUIÑAS E AMIGUIÑOS!!
HOXE IMOS A CELEBRAR UN DÍA MOI ESPECIAL POSTO QUE ESTE DOMINGO, DÍA 17 DE MAIO É O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
TODOS OS ANOS ADICAMOS ESTE DÍA PARA HOMENAXEAR A DIFERENTES ESCRITORAS E ESCRITORES NA NOSA LINGUA. 
COMEZAMOS A CELEBRAR ESTE DÍA NO ANO 1963 PARA CONMEMORAR A PUBLICACIÓN DO LIBRO DE ROSALÍA DE CASTRO "CANTARES GALLEGOS".
A QUE TODOS COÑECEDES A ROSALÍA? 
ESTIVÉMOLA ESTUDANDO NO COLE E ADICÁMOSLLE UN DÍA ESPECIAL!! 

ESTE ANO TÓCALLE O TURNO A RICARDO CARVALLO CALERO. SE QUEREDES COÑECELO UN POUCO MELLOR DÉIXOVOS O ENLACE A ESTAS PÁXINAS NAS QUE ATOPAREDES DIFERENTES XOGOS E ACTIVIDADES SOBRE O AUTOR. 
PREMEDE SOBRE ELAS PARA ACCEDER AOS DIFERENTES CONTIDOS. 





PERO NON HAI MELLOR FORMA DE CELEBRAR O DÍA DA NOSA LINGUA QUE FALÁNDOA, VERDADE?? ADEMÁIS TEMOS A SORTE DE TER UNHA CHEA DE PALABRAS FERMOSAS EN GALEGO: SORRISO, MORRIÑA, APERTA, AGARIMO... 
POR COMO SOAN, POLO QUE SIGNIFICAN, POLOS RECORDOS QUE NOS TRAEN...

PINCO PROPUXO NO SEU BLOG UNHA ACTIVIDADE Á QUE QUEREMOS UNIRNOS DENDE AQUÍ NA QUE TEREDES QUE PENSAR CAL É A VOSA PALABRA FAVORITA EN GALEGO E ESCRIBILA NUN FOLIO DECORADA BEN BONITA!! 

PODEDES FACERLLE UN MARCO CHULO, EMPREGAR DIFERENTES MATERIAIS PARA ESCRIBILA: CON PINTURAS, RECORTES, BOTÓNS, MACARRÓNS, ...
 O QUE SE VOS OCORRA! 
DÉIXOVOS AQUÍ IDEAS DE LETRAS CON DIFERENTES MATERIAIS:


POÑÉDEVOS MANS Á OBRA E ENVIÁDENOS AS VOSAS CREACIÓNS!
 IMOS ENCHER O NOSO BLOG DE FERMOSAS VERBAS NA NOSA LINGUA!

PARA REMATAR, DÉIXOVOS UNHA CANCIÓN CHULÍSIMA PARA CELEBRAR ESTE DÍA!!!


BICOS XIGANTES PARA TODAS E TODOS!! 💙💗💛💚💜

E COMEZAN A CHEGAR AS PRIMEIRAS PALABRAS FERMOSAS!!! 





























mércores, 10 de maio de 2017

Carlos Casares

Hoxe empezamos a traballar a figura de Carlos Casares no colexio, xa veredes canto imos aprender na Semana das Letras Galegas sobre el. Empezamos pola ligazón ao blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e e os inventos de Toribio, que foi o conto que lemos hoxe.

http://edlgpontesampaio.blogspot.com.es/

xoves, 22 de maio de 2014

Semana Cultural

Durante a Semana Cultural do noso colexio realizamos moitas actividades como contacontos, teatro de sombras, excursións, visitas guiadas, roteiros... algunhas fotos das actividades nas que nós participamos podedes velas na seguinte presentación de imaxes.

 Semana Cultural 2014 on PhotoPeach

mércores, 14 de maio de 2014

Semana das Letras Galegas

Esta semana conmemoramos no cole o Día das Letras Galegas coa nosa Semana Cultural. Para tal fin durante estes días imos ter unha sesión de contacontos, un teatro de sombras, algunha saída... e estamos traballando no colexio sobre a figura do autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Sabedes quen é?
Aquí  vos deixamos uns recursos que estivemos traballando na aula para tal fin.

http://www.tinytap.it/games/g79y/play/


https://dl.dropboxusercontent.com/u/60880342/letras%20galegas%202014/d%C3%ADazcastro%201%C2%BA%20ciclo/1_ociclo.html

Aquí podedes escoitar un dos seus poemas máis famosos: "esmeralda".

http://coordinadoraendl.org/letras2014/audiovisual/descarga.php?f=Esmeralda.mp3

luns, 13 de maio de 2013

Que sabemos de Roberto Vidal Bolaño?

E para irmos aprendendo cousiñas de Roberto Vidal Bolaño, que vos parece se empezamos xogando?



Preme nas imaxes para acceder ás actividades Lim do Seminario Galan e o CEIP Mallón e empezar a xogar.



domingo, 12 de maio de 2013

Semana das Letras Galegas

Como ben sabedes esta é a semana das letras galegas, que este ano se adica a Roberto Vidal Bolaño.
Aquí vos deixamos unha presentación que nos fala sobre o autor homenaxeado.



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...