Benvidos todos e todas ao novo curso escolar 2019-2010.
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
Amosando publicacións coa etiqueta BENVIDA b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BENVIDA b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 4 de setembro de 2019
martes, 26 de setembro de 2017
Continuamos adaptándonos
Nos primeiros días de cole as nosas dinámicas son máis lentas e aprendemos a relacionarnos sendo todos amigos e xogando todos xuntos. É moi divertido ver como todos temos cousas en común.
martes, 12 de setembro de 2017
Traballando por recunchos
Imos aprendendo a traballar por recunchos, tal e como vos explicou a profe na reunión.
De momento cústanos, pero nunhas semanas xa estará dominado.
De momento cústanos, pero nunhas semanas xa estará dominado.
xoves, 1 de setembro de 2016
Benvidos
Un novo curso escolar está a piques de comezar e con el un novo ano cheo de aventuras, de xogos, de diversións, de investigacións, de traballo en grupo, de... e sabedes que, ademais este é o último ano infantil así que hai que aproveitalo ao máximo.
Empecemos con moita ilusión, agárdovos o día 12 ás 9:10.
mércores, 30 de setembro de 2015
xoves, 5 de setembro de 2013
Volvemos á escola
Como ben sabedes o mércores día 11 de setembro ás 9:10 volverémonos ver por fin despois dun longo, longuísimo verán no que case nos esquecemos uns dos outros.
E para volver coas mesmas ganas e ilusión que cando marchamos, nada mellor que volver como marchamos... cantando.
E para volver coas mesmas ganas e ilusión que cando marchamos, nada mellor que volver como marchamos... cantando.
luns, 2 de setembro de 2013
domingo, 20 de maio de 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



