Amosando publicacións coa etiqueta Dia de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dia de Rosalía. Amosar todas as publicacións

xoves, 24 de febreiro de 2022

Artellando con Rosalía

NA CLASE DE 5 ANOS FALAMOS DE ROSALÍA DE CASTRO.

LEMBRAMOS QUE HAI 185 ANOS DO SEU NACEMENTO

SOUBEMOS  QUE FORA O 23 DE FEBREIRO CANDO NACERA.

AS SÚAS FLORES PREFERIDAS SON OS PENSAMENTOS.

PRANTAMOS UN PENSAMENTO BLANCO NA NOSA XARDIÑEIRA.

FIXEMOS UN MURAL CO SEU NOME E APELIDO

TRABALLAMOS COAS LETRAS DO SEU NOME.

DECORAMOS UNHAS CAROUTAS COLOREANDO 

 

 A SÚA FACIANA  COAS LETRAS QUE LEVA O SEU NOME.

O RESULTADO QUEDOU XENIAL, 

A QUE SI?

LOGO LEVÁMOLAS AO PATIO PARA ESCOITAR COMO LÍAN 

OS POEMAS CIBRÁN COA SÚA NAI E AS OUTRAS FAMILIAS.

TAMÉN VEU EREA, A IRMÁ PEQUENA DE CIBRÁN

E  OUTRAS  NAIS.

XOGAMOS UN RATIÑO FÓRA

PASÁMOLO XENIAL!

GÚSTANOS MOITO QUE POIDAN VIR AS NOSAS FAMILIAS.

BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODAS E TODOS VÓS

💙💓💚💕💜💖💛 💗 

luns, 22 de febreiro de 2016

Día de Rosalía

Esta semana imos festexar no colexio o Día de Rosalía e para tal fin estamos realizando algunhas actividades no colexio e traballando a figura de Rosalía de Castro.
Algunhas das cousiñas que imos ver ou xogar con elas son:

- Unha grabación audiovisual que fixemos no colexio para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos no 2013.
Agardamos que vos guste, a nós gustanos moitísimo porque a fixemos no colexio entre todos os profes e nenos e nenas.



- Algúns dos seus poemas musicados:





- Un pequeno tríptico moi breve sobre unha das escritoras galegas máis universais, ou a máis universal incluso.



- E unha breve presentación da súa vida e obra.

luns, 24 de febreiro de 2014

24 de febreiro. Día de Rosalía

E para festexar o Día de Rosalía.
Aquí vos deixamos un libro Lim sobre ela.


sábado, 23 de febreiro de 2013

Día de Rosalía 2013

Hoxe celebramos o día de Rosalía na escola e fixemos moitísimas cousas:
O primeiro que fixemos foi ver unha presentación sobre Rosalía con catro cousiñas de onde naceu, onde viviu, as súas obras, a súa morte... despois puxémonos a facer un mural e máis tarde a cumprir co noso lema: No día de Rosalía: flores, poesía e alegría.
Así estivemos decorando unha poesía da "Negra sombra" para as nosas familias, logo fixémoslle unha flor de plastilina e xa por último os nenos e nenas de 5º curso viñéronnos ler poesías de Rosalía e os nenos e nenas de 5 anos recitáronnos tamén unha  poesía de Rosalía que aprenderon coa súa profe.
 Hoxe foi un día especial.

 

venres, 22 de febreiro de 2013

Día de Rosalía

Hoxe 22 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro nos centros escolares.
Nós pola nosa parte estivemos falando algo dela e escoitando algúns dos seus poemas.
Aquí volos deixamos para que vós tamén os escoitedes.






E tamén vos enviamos un pequeno tríptico moi breve sobre unha das escritoras galegas máis universais, ou a máis universal incluso.



E unha breve presentación da súa vida e obra.


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...