Amosando publicacións coa etiqueta O corpo humano. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O corpo humano. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de outubro de 2016

o noso esquelete

Levamos uns días traballando na aula sobre o noso esquelete, estas son algunhas das cousiñas que estamos vendo:





E  agora a xogar un pouco:

luns, 24 de outubro de 2016

Xogo sobre o corpo

Aquí vos deixo un xogo que fala sobre o corpo humano, así os nenos/as aprenderán xogando.



mércores, 19 de outubro de 2016

Xogos co corpo humano

Aquí vos deixamos tamén unha actividade Lim sobre o corpo humano da EEI O Sartal que nos gustou moito.



mércores, 5 de outubro de 2016

Cancións sobre o corpo

E como non podía faltar, co moito que a nós nos gustan, cancións sobre o noso corpo.

O primeiro unha canción de Mamá Cabra que fala sobre as partes do corpo e as súas necesidades.



A seguinte canción fala do esquelete e é de Migallas.



E agora María FumaÇa con "O mercado".



E agora unha tradicional pero en castelán.

martes, 4 de outubro de 2016

Imos comezar un novo proxecto: "O noso corpo", xa que queremos investigar todo o que temos dentro do corpo.
Agora imos mandar unha carta ás familias para que nos axuden a buscar información, temos que ir á Biblioteca buscar libros que falen do corpo e tamén estamos buscando en Internet.
Seguro que imos aprender moitísimo.

domingo, 5 de outubro de 2014

A miña cara redondiña

Unha das cancións que cantamos na nosa aula é esta:


Agardamos que vos guste. Xa que ademais axúdanos moito para aprendermos a debuxarnos.

mércores, 21 de maio de 2014

Entrevista á doutora

Hai xa uns meses que estivemos traballando os medios de comunicación, pero aproveitando que estamos preparando unhas follas para a revista escolar sobre este proxecto estivemos vendo na aula algunha das cousiñas que fixemos daquela. Entre estas cousas está á visita ao centro de saúde no que nos aproveitamos para facerlle unha entrevista á doutora da vila.
Aquí vos deixamos dous pequenos audios de parte desa entrevista para que vexades que profesionais somos.

mércores, 22 de xaneiro de 2014

Información sobre o corpo humano

Aquí vos deixamos un glogster moi completo sobre o corpo humano con moitos xogos de Pelayo e compañía.

domingo, 12 de xaneiro de 2014

Novo centro de interese

As próximas dúas semanas na nosa clase imos traballar un novo centro de interese "o corpo humano" e tamén estudaremos dúas letras minúsculas novas "o l" e "o m".

martes, 7 de maio de 2013

O sistema dixestivo

Esta semana imos traballar un pouquiño sobre o sistema dixestivo.
Aquí vos deixamos algunhas cousas que vemos no colexio.
Algún vídeo:




O noso clásico de Érase unha vez a vida.


E tamén algún xogo:

E algunha canción, que é o que máis nos gusta, sobre os alimentos.


xoves, 25 de abril de 2013

O esquelete

O profe Juan de 2º ciclo fixo esta actividade LIM para os seus alumnos/as, gustounos moito e hai algunhas cousiñas que xa podemos facer nós sós. Agardamos que vos guste e grazas polo traballo profe Juan.

venres, 19 de abril de 2013

Brazo de Gitano

Hoxe a nosa profe estaba de cumple e tróuxonos un brazo de gitano. Nós non lle fixemos caso e dixémoslle que era mentira que iso era un pastel, non un brazo; menos mal que despois Pablo dixo que si que era un brazo de gitano que a súa avoa tamén os facía. Porque nós da profe moito moito non nos fiamos.



luns, 15 de abril de 2013

O esquelete

Esta semana imos falar do noso esquelete, así que imos empezando a traballar sobre o tema coa axuda da profe e dos nosos pais.

 

venres, 12 de abril de 2013

Pés descalzos

O outro día na escola estivemos xogando cos nosos pés e experimentando con eles, para andar descalzos, para falar con eles, para disfrazalos, convertelos en personaxes de conto... foi moi divertido.
Aquí vos deixamos as fotos, agardamos que vos gusten.

xoves, 11 de abril de 2013

Sesión de masaxes

O mércores fixemos a nosa particular sesión de masaxes e gustounos moito.
Todos os nenos/as traballaron moi ben e preocupáronse porque a súa parella gozase o máis posible da masaxe.
Ademais vestímonos e espímonos nós sós. A iso se debe que tivésemos algúns problemiñas coa roupa despois; se alguén ten algo na súa casa que non sexa del que o traia á escola canto antes para poder devolverllo ao dono. Moitas grazas.
Por razóns evidentes non vou colgar aquí as fotos, se algún papá ou mamá está interesado en velas avisádeme e envíovolas.


Que importante é poder ver

O martes na escola estivemos "xogando" a cegos e lazarillos. Foi unha experiencia moi enriquecedora, xa que cando non se ve é difícil andar, e máis aínda correr como querían os nosos compañeiros/as.
Despois de intentar pasear polo colexio coa axuda do noso "lazarillo" e de non levar demasiados golpes, estivemos facendo un debuxo da sesión, e máis tarde xogamos a adiviñar que eramos só polo sentido do tacto, sen vista nin oído.
Aquí vos deixamos unhas fotos da sesión.
 cegos e lazarillos on PhotoPeach

xoves, 4 de abril de 2013

Máis vídeos do corpo

Aquí vos deixamos outro vídeo moi interesante sobre o corpo humano que estivemos vendo hoxe.

 

xoves, 21 de marzo de 2013

O tensiometro

Hoxe o noso amigo Iker tróuxonos un tensiómetro e estivémolo probando, pasámolo xenial e mirade os nosos resultados.
Resulta que todos estamos ideais, menos Pablo e a profe que están un pouco altos e máis algúns nenos que parece ser que teñen arritmias, segundo o noso tensiómetro.



martes, 19 de marzo de 2013

Vídeos sobre as enfermidades

Aquí vos deixamos algúns episodios de debuxos nos que os nosos amigos/as están enfermiños.

Aquí Caillou ten a varicela.



Agora é a amiga de Caillou e a que padece diabete.




Nesta capítulo a Caillou dóelle o oído.

 

venres, 15 de marzo de 2013

Vídeo sobre o corpo

Aquí vos deixamos un vídeo sobre o corpo que nos gustou moito, esperamos que a vós tamén.


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...